Un cuarto de século de historia en común

As Pontes e Lesneven celebraron o seu vixésimo quinto aniversario como irmáns cunha nova visita duns 25 ponteses ao pobo bretón. Nestes anos, máis de 2.000 participantes asistiron aos intercambios, que teñen «o futuro asegurado»
Asistentes al acto de hermandad, varios momentos en Lesneven e os presidentes de ambas entidades, Antón Ferreiro e Claude Le Menn
photo_camera Asistentes al acto de hermandad, varios momentos en Lesneven e os presidentes de ambas entidades, Antón Ferreiro e Claude Le Menn

Xa van 25 anos de historia en común e o obxectivo é cumprir moitos máis. Dende que se creou a Irmandade As Pontes-Lesneven e se uniron os primeiros lazos de amizade entre ambos pobos xa van un total de 27 intercambios -houbo dous anos de viaxe dobre-, a maiores das excursións de escolares que se organizaron en 1992 e 1993.

Ao redor de 2.000 participantes enroláronse ao longo deste cuarto de século nesta iniciativa, que segundo os seus propios representantes, ten «o futuro asegurado» para manterse moitos anos máis.

Nestes 25 anos houbo 27 intercambios e excursións escolares en 1992 e 1993

«O irmandamento segue vivo tras 25 anos e seguirá. Cremos que terá continuidade aínda que sexa de forma oficiosa e esperamos que haxa relevos para poñerse ao fronte das entidades organizadoras», explica Antón Ferreiro, o presidente da Irmandade As Pontes-Lesneven, que como Claude Le Men, d

o Comité de Jumelage, leva varios anos solicitando novas caras e folgos renovados para manter viva unha unión que xa ten moita historia pero que quere aínda máis.

«Desta última viaxe a xente veu moi contenta. O programa foi moi interesante e incluiu unha visita ao Mont Saint-Michel, considerado a oitava marabilla do mundo, e tivemos moi bo tempo», apunta Antón Ferreiro, que destaca outras das visitas realizadas na bretaña francesa nestes últimos días como ao val do río Elorn, ao castelo de La Roche Maurice ou ao conxunto parroquial de La Martyre, así como ao casco histórico de Lesneven ou outras actividades do programa deste ano. Entre elas, houbo como un picnic na praia, unha visita libre ao mercado local, un concerto de órganos ou unha actuación teatral.

Nesta ocasión, un grupo de 25 ponteses desprazouse a Lesneven. Chegaron á Bretaña francesa o mércores 3 deste mes e alí estiveron ata o xoves pasado, o día 11. De camiño ás Pontes -como é habitual desprazáronse en autobús- fixeron algunha parada, como unha no País Vasco.

Comentarios