Un colectivo recolle firmas para facer un carril bici

Persoas concentradas coas súas bicicletas no paseo marítimo. c.l.f.
photo_camera Persoas concentradas coas súas bicicletas no paseo marítimo. c.l.f.

A nova asociación cultural de Viveiro Pensamento e Sementeira comezou a recollida de sinaturas para reclamar a construción dun carril bici no municipio. Fíxoo cun acto lúdico que consistiu nunha ‘biciconcentración’ no paseo marítimo, animado pola música do home orquestra Hortensio.

Un dos integrantes do colectivo, Francisco Luis Rodríguez, apuntou que xa mantiveron reunións con distintos colectivos e seguirano facendo para recoller propostas que logo farán chegar ás administracións. Xa contan co apoio da peña ciclista Gráficas Lar, o club Egovarros e a empresa de actividades deportivas RoqSport, entre outra moita xente anónima, algúns do cales se animaron a participar coas súas bicicletas na concentración de onte, na que había unhas trinta persoas equipadas coa camisola co logo da campaña, de creación propia, e co eslogan ‘Biveiro con b de bici’.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios