Un centenar de expositores participa en Expomar, que abre sus puertas

Expomar é un polo de atracción tanto para profesionais como para visitantes en xeral (Foto: AMA)
photo_camera Expomar é un polo de atracción tanto para profesionais como para visitantes en xeral (Foto: AMA)

Burela volve converterse nun referente para o mundo do mar coa apertura este mediodía da feira náutico pesqueira Expomar, a cargo da conselleira do Mar, Rosa Quintana. A cita pecharaa o domingo o titular de Industria, Francisco Conde, plasmándose así o apoio da Xunta ó evento. Preto dun cento de expositores mostran no recinto da feira as súas novidades en materia de tecnoloxía, pero tamén haberá expositores doutros moitos temas relacionados e relativos ao mundo do mar.

Firmas conserveiras, de electricidade, de navegación, de combustibles, de maquinaria, de refrixeración, de motores ou de equipamentos específicos para barcos compartirán espazo con outras adicadas a labores de pintura, seguros, accesorios e artigos para a industria marítima, xa que si algo ten a feira é a diversidade de produtos que se expoñen e se poden mercar.

CITAS
Apertura

A feira abre ao público hoxe, en horario de 12.00 a 14.00 y de 16.30 a 20.30 horas. O venres e o sábado adianta a súa hora de apertura ás dez de mañá e o domingo xa non abre pola tarde.

Charlas

As xornadas técnicas serven para que o sector pesqueiro aborde temas de actualidade. Da mans de expertos falarase, hoxe e mañá, do caladoiro Cantábrico Noroeste, da merluza europea, da normativa comunitaria, das TACs e da comercialización. Serán, no salón de actos da confraría de pescadores, a partires das 17.30 horas.

Encontro

Máis dunha vintena de organizacións pesqueiras abordarán en Burela o presente e o pasado do sector pesqueiro.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios