Un bar ecológico potencia la alimentación responsable en las jornadas del Ribadeo de Tapeo

Tapas do bar ecolóxico Amodiño, na rúa Amando Pérez (Foto: Álvez)
photo_camera Tapas do bar ecolóxico Amodiño, na rúa Amando Pérez (Foto: Álvez)

As xornadas gastronómicas do Ribadeo de Tapeo continúan, ata o día 19, e fano ofrecendo productos orixinais, como os que se poden degustar na única tenda-bar ecolóxica da Mariña Oriental, Amodiño, ubicada no casco vello da vila. Onte mesmo, o local amosou unha parte máis do seu menú A Rasa, que resposta a un novo concepto: a tapería responsable, elaborada con alimentos ecolóxicos sans e de tempada de cada lugar.

Dito menú foi creado por Iniciativa Prato_Do, que fai tapas itinerantes, adaptadas a cada lugar. De feito, en Ribadeo sírvense pratos con títulos que lembran ó peirao de Porcillán ou á primeira banda de gaitas galega formada integramente por mulleres: As Meniñas de Saudade. En Amodiño proxectáronse onte documentais sobre o consumo responsable e hoxe á tarde, o local acolle outro foro sobre a industria textil.

Son 55 os bares e restaurantes que participan este ano no Ribadeo de Tapeo. Os clientes que proben alomenos 20 tapas entran no sorteo de distintos premios.

Comentarios