Un arqueólogo sitúa na ría os mellores pecios de toda España

O arqueólogo Miguel San Claudio, durante o seu relatorio. HÉCTOR MANASÉ.
photo_camera O arqueólogo Miguel San Claudio, durante o seu relatorio. HÉCTOR MANASÉ.

O prestixioso arqueólogo Claudio San Miguel ofreceu unha charla sobre patrimonio en Ribadeo subacuático e, máis concretamente, centrándose no depositado na ría de Ribadeo, espazo que situou entre os máis interesantes de toda España a nivel dos pecios que acolle no seu fondo.

A súa intervención enmarcouse nas xornadas organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) ‘O Camiño e os Camiños da Arte’.

San Miguel vén de familia con tradición mareira, o que di que lle axudou a apreciar o medio e que hoxe o fai ser un dos investigadores que mellor coñece o chan mariño. O arqueólogo salienta que «aunque Galicia se encuentra en un lugar marginal respecto al continente europeo, esa situación periférica nos hace estar en medio de numerosas rutas que pasan por el Atlántico desde hace cientos de años».

A partir dese dato, indica que esas rutas son «una oportunidad única de conocer la historia a través de los naufragios y demás huellas despositadas», destaca San Miguel.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios