Tributo a los últimos brindeiros

Xosé de Forgas, de 84 anos, reside na Pobra do Brollón (Foto: Toño Parga)
photo_camera Xosé de Forgas, de 84 anos, reside na Pobra do Brollón (Foto: Toño Parga)

Os brindos son coplas de catro versos con rima par que se interpretaban nas vodas. A cadea de montañas que une a zona de Lóuzara, no interior do sur lucense, co Bierzo, xa en León, foi sempre rica en brindeiros. De feito estes cantores tiñan unha forma xenuina de interpretar os seus brindos que os facía destacar sobre os brindeiros doutras áreas da comunidade galega.

Na Pobra do Brollón os brindos eran cousa dos irmáns Álvaro e Xosé Veloso -máis coñecidos coma Álvaro e Xosé de Forgas-, Sisto de Rexoá, Bautista Campo Celeiro ou do Ribeiro de Louzarela. Algúns destes homes xa finaron pero outros, coma Xosé de Forgas ou o Ribeiro de Louzarela, seguen a facer a súa aportación ao patrimonio lírico galego. De feito, O Ribeiro de Louzarela acode cada ano á celebración do Filandón do Courel, no que se dan cita os cantores da montaña.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios