Tres décadas forneando cultura

nO ANO 1982 Alfonso Otero Regal abría a carón da Porta da Vila o seu taller e tenda; nacía así Regal Cerámica, empresa instalada dende hai cinco anos no complexo Regal Xunqueira e que no seu trinta aniversario ten un significado especial, polo que será celebrado con moi diversas actividades. Tamén con motivo desta efeméride o ceramista bota a vista atrás e do mesmo xeito que repasa o pasado, adáptase ó presente e mira de fronte ós novos retos por chegar.

«Tiña o obradoiro na Porta da Vila», lembra Regal, e «era incómodo porque había que andar desprazando o barro, pero estaba nun sitio moi céntrico, a carón dunha porta do século XII». Pero o ceramista quería medrar, darlle ás súas creacións «un valor engadido».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios