Tranquilidade a carón dos camiños

Roca é unha das parroquias máis singulares e pequeniñas de Guitiriz, cunha fonda historia na hai vieiros relevantes, ríos senlleiros, tradicións e novas apostas. Un lugar no que vivir "se apostas polo rural"

O río Roca, pai dos moitos manaciais e fontes que regan a parroquia guitiricense homónima e axudan a tinguir de verde ata onde a vista alcanza, fúndese aí mesmo co Parga, "ao outro lado da Nacional VI, no quilómetro 533".

Paralelas a esas augas do Parga e do Roca convertidas nunha soa corrente discorren as vías do tren e a N-VI, que xunto ao Camiño de Santiago son os vieiros integrados no sentir de Roca, onde é a autovía a que marcou un antes e un despois na parroquia.

É unha barreira artificial que parte en dous o lugar, pero que tamén ofrece vantaxes coma a mellora das comunicacións nun recuncho que segue a celebrar intensamente o Entroido e que hai catro anos sumaba unha interesante iniciativa, o Festival de Cine de Música de Roca.

Comentarios