Tráfico intensifica na Mariña a vixilancia sobre o 'tunning' nos coches

Advirten de que estas modificacións, se non foron homologadas e autorizadas polas correspondes estacións de Inspección Técnica de Vehículos (ITV), poden incumprir as normativas

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo informou o venres de que, durante os seus servizos, intentará detectar reformas de importancia que se levaran a cabo en todo tipo de vehículos en circulación polas estradas da provincia, "con especial atención" á comarca da Mariña, segundo indican nun comunicado.

Advirten de que estas modificacións, se non foron homologadas e autorizadas polas correspondes estacións de Inspección Técnica de Vehículos (ITV), poden incumprir as normativas que regulan este tipo de cambios e, ademais, supoñen o risco de modificar o comportamento dos vehículos e afectar á seguridade vial.

A Garda Civil lembra que este tipo de modificacións están "perfectamente reguladas" por normativas de ámbito europeo e nacional que autorizan a posta en circulación e certifican a aptitude para circular polas vías públicas con total seguridade tanto para os ocupantes do vehículo como para o resto de usuarios da vía.

Dende Tráfico indican ademais que as sancións que conlevan este tipo de actuacións sobre os vehículos varían, pero din que as máis graves, nas que a utilización dos automóbiles poida supoñer un risco, poden conlevar a inmobilización dos vehículos.

Comentarios