Ana Miranda: ''Traballando en equipo A Mariña beneficiaríase moito máis da UE''

Edificios de la Avenida de Cervantes.
photo_camera Edificios de la Avenida de Cervantes.

Participante na xornada en Ribadeo sobre a praia das Catedrais, di que non só o areal está perdendo unha grande oportunidade cos fondos europeos, senón moitos outros espazos, e lamenta que aquí non se cultive o traballo en equipo que non queda outra que facer na UE.

esta bulidora política do BNG que actualmente é eurodeputada encadrada na formación máis ampla de Los Verdes pasou por Ribadeo, onde falou coa súa paixón característica sobor do que ela entende que é un desaproveitamento total das opcións que ofrece a UE a espazos coma As Catedrais. Pero ademais alertou de que o futuro de Galicia se xogará na PAC que se está negociando e na política pesqueira onde di que os grandes partidos (PP e PSOE) sacrifican os intereses galegos por mor dos seus intereses partidistas a nivel estatal.

Que lle pareceu o resultado da xornada sobre As Catedrais?

A xornada foi moi positiva e moi interesante porque foi unha posta en valor da praia de Augas Santas con expertos moi cualificados en Rede Natura e sobre todo pola presenza dunha alta autoridade da Comisión Europea competente. Bucella lembrou que hai 26.000 espazos protexidos en Europa e que en toda a súa vida podería visitalos todos, por iso foi importante que se achegase a coñecer este e que se levase a impresión tan boa que se levou.

Foi un xeito de achegar á xente unha administración tan lonxana como a UE?

Moitísimo, porque de feito fixeronselle preguntas sobre a conciliación de espazos naturais coa economía local porque non hai información. A Xunta non a proporciona e parece que neses lugares non se pode facer nada e non é así. Iso hai que explicalo ben, e sorpréndeme que non haxa máis accións informativas e ese desleixo por parte da Xunta.

Precisamente se falou moito da actitude da Xunta ante a convocatoria...

Para min foi un desprezo a Ribadeo, ós ribadenses e ó alcalde. El supoño que non o dirá porque ten que gardar as formas institucionais, pero eu si: foi un desprezo porque se leva tempo plantexando a necesidade dun plan de xestión para un dos nosos LIC máis impresionantes. Está coidado máis ou menos só polo traballo do Concello e algo da Deputación, pero non dan feito, e que a Xunta non tivera a decencia de mandar polo menos un director xeral... Pero logo ben que correron para levar a Pia Bucella a Santiago. Non se deben facer as cousas pola agochada. Demostra novamente o pouco grado de traballo en equipo que hai se eres doutro partido. En cambio nós que temos vontade de facer algo coordinado, incluso tendo unha maioría absoluta en Ribadeo, e faise ese desplante para que veña xente que non pode decidir nada de nada.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios