''En el porno gallego tenemos calidad; hay buen percebe''

Totó García (Ferrol, 1983) tivo que marchar a Barcelona para dar os primeiros pasos na industria do porno porque en Galicia facer cine X soaba, aínda hai catro anos, a lonxanos Sifredis e Vidais. Agorá é actor, director, produtor e webmaster de contidos para adultos, porque na terra de Breogán, di, tamén hai bo percebe.

Pregunta: Como se empeza no mundo do porno? Supoño que non se vai ao Inem e se di 'Ola, son actor porno, busco traballo'...

Resposta: Pois mira, eu sempre vin o porno como un xénero máis. Lémbrome de cando era un rapaz e estaba cos meus amigos às agochadas, que eles vían porno e eu miraba un pouco máis alá. Criticaba o vestiario, o set de rodaxe, as tomas… e eles dicíanme ‘pero Totó, tío, que é porno sinxelamente!’. Máis tarde xa empecei a rodar castings en Barcelona e estiven unha tempada traballando para medianas produtoras, pero deixeino por un tempo, que foi cando comecei na universidade. Mentres, fun desenvolvendo varias webs e tiven a sorte de levar un premio á mellor páxina erótica do ano por placeresvirtuales.com, que hoxe ten 40.000 visitantes únicos ao día. A partir de aí decidimos crear unha produtora en Galicia para facer un tipo de contido que non atopabamos na rede.

P:
A que idade di un… pois eu quero ser como Nacho Vidal ou Ron Jeremy?

R: Desde que cumprín os dezaoito xa me gravaba coas miñas mozas e teño unha certa colección, consentida evidentemente, de vídeos amateurs. Xa profesionalmente comecei aos 23 ou 24 anos, cando tiven a posibilidade de pagar unha viaxe a Barcelona.

P: Que tivera que marchar a terras catalanas é unha proba de que en Galicia non había moita industria porno…

R: Directamente non existía. Había xente que intentaba facer cousas, pero non había unha industria, unha produtora que rodara habitualmente. En Barcelona, na época do dvd, había infinitas produtoras. Era un mundo cheo de posibilidades para o que quixera entrar no cine porno e tiven a sorte de comezar xusto nese momento no que o dvd aínda vendía. En Galicia busquei, pero non atopabas nada.

P: E agora, vendo o éxito da súa produtora pornoaburrirse.com, estáse animando máis xente?

R: Vaise avanzando. Oiches falar da peli porno en galego? Tamén hai outra xente que empezou a facer cousas. Coñezo un rapaz en Ordes, outro na Coruña e hai outros que queren comezar en Pontevedra. Está ben, porque no fondo é un traballo no que se pasa moi ben. Se che gusta é unha pasada poder vivir disto.

P: A vostede foille moi ben desde que comezou, pero é todo tan fácil no mundo do porno?

R: O difícil, agora que morreu o dvd e o porno se concentra todo en Internet, é conseguir unha canle de distribución no que poder rendibilizar as producións. Nós comezamos coa produtora cando xa tiñamos unha canle, placeresvirtuais.com, e toda a rede de webs que estamos a facer. Pero cando alguén me di que quere montar unha produtora eu sempre comento o mesmo: unha de dúas, ou tés un sponsor que teña moitísimos webmasters ou primeiro tés que facer contidos gratis para montar un proxecto que che sirva de escaparate.

Polifacético... pero divertíndose sempre
P: Produtor, director, actor, webmaster…a risco de facer unha pregunta obvia, en que tarefa o pasa mellor?

R: (Gargalladas) Pásoo ben en todas! A verdade é que desde pequeño eu sempre soñei con ser actor, pero ata cando estou maquetando, recortando a parella ou os peitos, me divirto. É certo que hai tarefas máis tediosas, sobre todo na parte de webmaster e na de postprodución, que cando haxa máis capital si que me gustaría que o fixeran outras persoas. Pero desfruto a todos os niveis, sexa o que sexa.

P: Din que os xinecólogos son os únicos homes que desfrutan no seu lugar de traballo, supoño que ao actor porno pásalle o mesmo. Realmente desfrútase nas esceas de sexo?

R: Hai algunhas nas que si, pero non en todas. Evidentemente, nunca o pasas como estando a soas cunha muller, porque fas o que che apetece a ti e a ela. Pero, no entanto, cando estás traballando, está moi claro o que hai que facer e conseguir, as actitudes, as posturas, o actor ten que guiar en todo momento á actriz se ve que non está mirando a onde ten que mirar… O actor dirixe no set de rodaxe a acción. Como tés máis cousas na cabeza que pasalo ben, ás veces convérsese nunha sorte de deporte ou baile. Pero ben, é divertido igual. Non me podo queixar, non é picar pedras!

P:
Non existen academias de actores porno. Como se aprende?

R: Eu levo tres anos e, aínda que pareza moito, é pouco. Vexo que aínda estámos en pañais e nos queda moito que mellorar en tódolos niveis. É curioso que a primeira escea que gravei en Barcelona saiume moi moi ben, pero, no entanto, na segunda, que había máis xente, non dei feito. Non me dei empalmado! Pero tamén así aprendín a facerme as miñas propias fórmulas mentais tanto para ter unha erección como para o momento da exaculación. Pénsase en momentos morbosos, contos que se crea durante a rodaxe…

P: E en Galicia como está a canteira de actores porno? Un dos máis famosos é Ramón Nomar…

R: Si, Ramón está traballando en Los Ángeles para unha das mellores produtoras do mundo. Despois penso en David Galant, que está en Barcelona e ten un estilo moi parecido a Nacho (Vidal), e eu o considero un dos mellores actores porno que hai en España. Logo está claro que Ramón está a outro nivel. É todo un profesor. Dos que veñen por detrás non coñezo demasiados, sei que hai rapaces que están empezando, pero aínda non despuntaron. Iso si, dos que xa hai, Ramón e David, sei que temos calidade. Hai bo percebe!

'O divino ferrete' e outros proxectos
P: Vai participar na primeira longametraxe porno en galego, ‘O divino ferrete’. En que momento do proceso se atopa? Coido que aínda se está a buscar financiación.

R: Si, faltan algúns recursos pero pouco a pouco a xente vai aportando o que pode. A min presentáronme o proxecto e pareceume moi bonito. Que ‘premios Xerais’ fagan o guión dunha peli porno para min, que o entendo como un xénero, significa dignificar moitísimo o sector. Vai ter moitas cousas da cultura galega…paisaxes, música. Eu aportei unha cámara HD e un fotógrafo da miña produtora. Coido que proximamente comezaremos a gravar as primeiras esceas.

P: O galego acáelle ben ou o porno non entende de linguas… faladas?

R: (Ri) Pois si, eu creo que non entende moito de linguas faladas. É unha pregunta que me fan moito, se o galego é máis morboso dicindo cousas como ‘métema’ ou ‘fódeme’, pero a verdade é que non sei, porque non hai precedentes. O que teño claro é que vai quedar moi orixinal e a xente que quere facelo busca un moi bo produto que lle guste a tódolos galegos.

P: Que outros proxectos ten entre mans agora mesmo?

R: Teño un proxecto que levo algo en secreto e vou rodar agora en novembro. Téñenme prohibido contar nada por agora, pero cremos que vai dar un badalazo neste sector. E logo tamén estou traballando no sponsor de pornoaburrirse.com para que os webmaster que levan xa anos demandando poder vender o produto o podan facer.

P
: Xa gravou unha polémica escea no Obradoiro e o Papa vén en novembro… Non irán por ahí os tiros do proxecto secreto?

R: (Ri) Non vou contar nada. Dígoche que agora estou en Sevilla, donde vén de acabar un festival no que eu estaba encargado de dirixir unhas rodaxes en directo de cara ao público.

P: Tamén traballou noutros lugares curiosos?

R: Si. Precisamente agora mesmo estou vendo a Xiralda, donde tamén gravei. O tema da catedral de Santiago a xente cre que foi só para facerse marketing, que si é verdade en certa maneira, pero tamén é certo que a min o tema eclesiático non me cae excesivamente ben e por iso me motivou moito máis facer esa escea que fixemos no Obradoiro.

P: A industria porno en España ten boa saúde ou tamén lle afecta a crise?

R: Aféctalle moitísimo. Eu noto que con moitas máis visitas facturo igual ou menos que hai dous anos e iso pasa porque ao non ser un produto de primeira necesidade convértese en prescindible.

P: E o porno de pago ten futuro habendo tantas opcións gratuítas?

R: Eu son defensor de que si. Lembro cando me puxeron Internet na casa a primeira escena de porno que vin foi de Bang Bros, a produtora máis pirateada do mundo e a que máis factura da rede, billóns ao ano! Cando sae unha escea non está gratis, hai que pagar, pero residualmente convértese en pura mercadotecnia que axuda a vender as futuras esceas. Eu creo que é bo que haxa porno gratis, ademais aos produtores españois non nos afecta tanto porque a maior parte é inglés, e cando alguén quere ver porno en España todo o mundo prefire oir falar na súa lingua que a unha que di ‘Fuck me!’

P: O cine X sempre se lle acusou de ser machista, no que o home domina á muller. Como o ve?

R: Mira, igual que no cine convencional podes ver unha película como Saw, sobre un psicópata, ou sobre maltrato ou sobre o queiras, no porno é igual. O que pasa é que está un pouco máis estigmatizado porque algúns dos actores máis famosos como Nacho Vidal ou Rocco Sifredi constrúen un produto que si é de dominación masculina, pero hai xente que fai un porno máis soft e incluso de dominación feminina. Hai todo tipo de mercados. Por exemplo a nós ese porno non nos gusta, facemos algo máis xuvenil, donde se vexa o bo rollo, donde nas posturas de sexo non haxa acrobacias.

Aínda máis íntimo

P: Todo isto compaxínao cos estudos universitarios. Ten relación que escollera Dirección e Administración de Empresas con labrarse un futuro empresarial no porno?

R: A carreira favorece moito a evolución en calquera tipo de traballo. Eu teño que levar moitos temas legais, de facturación, de dirixir a xente ao meu cargo… e claro, moitos dos coñecementos aprendidos na carreira axudáronme no porno.

P: Vívese disto?

R: Sempre digo o mesmo. Tamén hai actores convencionais que poden vivir diso e outros que non. Nacho Vidal, Rocco Sifredi, Torbe, Ramón Nomar, eu…está claro que vivimos do porno, pero hai actores que non chegarán a facelo nunca. Hai que ter sorte para que chegue a funcionar o teu produto e estou convencido de que podes chegar a vivir del.

P: No ámbito máis persoal, como levan na túa casa que te adiques a isto?

R: Home, os meus pais preferirían que me adicase a outra cousa. Repítenmo cada vez que paso pola casa! Pero aínda así, teño moi bo rollo con eles, pero tamén porque saben que estudo unha carreira e saben que me pago as miñas cousas. Ademais, aínda que non lles guste, saben que non lle estou facendo nada malo a ninguén.

P: E coas parellas? Non se poñen moi ciumentas?

R: Eu teño moza desde hai nove meses, de feito está aquí comigo en Sevilla. Si tiven problemas xusto cando empecei, pero as mulleres que coñecín estando xa no porno xa me coñeceron así e sempre lles dixen que o porno era o meu soño e que non o ía deixar. É curioso, pero son máis ciumentas con cousas que me pasan fóra do porno que cando teño que rodar!

P: E un actor abertamente heterosexual, coma ti, podería acabar traballando en porno gai polo diñeiro ou por esixencias do guión?

R: Paréceme moi difícil, porque para traballar no porno tés que lograr unha erección… A min teríanme que gustar realmente os homes para poder facer unha escea e creo que ningún actor heterosexual podería facelo. O tema é que hoxendía no porno non creo que haxa ninguén por necesidade, nunca o coñecín, e paréceme difícil.

P: Nunca pensaches que o actor porno pode facer que o cidadán de a pé, sexualmente falando, se veña abaixo? O coito medio non dura 40 minutos nin o pene medio mide 25 centímetros, como no cine X...

R: É raro que unha rodaxe dure menos de 40 minutos, normalmente vai de 50 minutos a dúas horas ou máis tempo! Hai cousas mitificadas e cousas que non, por exemplo, o tema dos tamaños depende moito dos encadres e perspectivas que se fan para potenciar os penes e as tetas e que parezan máis grandes. Pero o que si é certo é que os actores están facendo o acto durante moitísimo tempo, moitas posturas…

Comentarios