'Todos os mozos son uns borrachos... menos o meu neno'

botellon.jpg
photo_camera botellon.jpg

O cóctel alcol+xuventude deixa na sociedade datos contraditorios. Segundo recolle unha enquisa do MInisterio de Sanidade, o 88% dos pais con fillos menores de 18 anos considera que os mozos consomen alcol en exceso, pero curiosamente case a mesma que pensa que os seus rapaces beben "pouco ou nada".

Ademais, o 80% dos enquisados considean que teñen poder de influencia para evitar que os seus fillos ou netos non beban, e máis da metade consideran que os mozos deben ser sancionados por inxerir bebidas alcólicas.

Lei antitabaco
O informe tamén se ocupa do tabaco e do seu consumo. Case dous anos despois da implantación da polémica lei antitabaco, a sociedade parece dividida. Mentres un 46% dos enquisados cren que a normativa se cumpre "moito ou bastante", o 32% pensa que se respeta pouco, ó que hai que engadir outro 11% que considera que a lei non se segue en absoluto.

Tampouco existe moito consenso sobre novas regulamentacións neste ámbito. Mentres que o 36% enquisados parecen descontentos coa normativa actual e consideran que se debería endurecer "bastante", máis da metade opinan que as medidas son suficientes.

Sanidade pública, boa pero lenta
Pero máis alá dos vicios, segundo a citada enquisa as principais preocupacións dos galegos son a sanidade, a educación a vivenda e as pensións.

Algo máis da metade dos galegos consideran que o sistema sanitario funciona ben, pero necesita cambios que o axilicen. A maioría prefiren a sanidade pública fronte á privada, fundamentalmente pola tecnoloxía e a capacitación dos profesionais. Con todo, optan polo médico privado cando o que buscan é rapidez na asistencia e un mellor trato persoal.

En xeral, o sistema sanitario público galego aproba raspado, cun 5,5 sobre 10, o que non lle impide quedar penúltimo da clase. No conxunto do Estado só a sanidade en Canarias obtén unha nota máis baixa, un 5,42. Todo o contrario que os nosos veciños asturianos, que deixan ós seus centros sanitarios cun notable (7,35).

Comentarios