lunes. 26.07.2021 |
El tiempo
lunes. 26.07.2021
El tiempo

Todos os camiños do imperio conducen á mesma Roma

Lucus Augusti, ese tesouro, latexa con forza baixo a pel de asfalto da cidade do novo milenio. A Casa dos Mosaicos, o Centro Arqueolóxico de San Roque , as termas, o Centro de Interpretación da Muralla... A mesma muralla é un organismo vivo.

Lugo é un descubrimento continuo. E quen xa gozou destes espazos pode estender as súas ansias de coñecemento un chisquiño máis aló da capital.

A vía XIX, esa grande autopista romana de 2.000 anos, convértese na escusa perfecta para gozar da paisaxe, da arquitectura, da arqueoloxía, da arte, da historia, do paisanaxe (tan atento): un plan diferente para viaxar no tempo.

Esta megacalzada, impulsada polo emperador Augusto, comunicaba as tres capitais do noroeste peninsular: Bracara (Braga), Lucus (Lugo) e Astvrica (Astorga), nun percorrido de preto de 450 quilómetros.

Consiga AQUÍ la información completa

Todos os camiños do imperio conducen á mesma Roma
Comentarios