Todo cambia en segundos

UN SEGUNDO E PUM, cámbiache a vida. Iso foi o que me pasou a min.

Chámome Rodrigo. Así me chamou miña nai de verdade, pero no centro de orfos chámanme Nº 123. Non me gusta que me chamen así, teño un nome.

Fai seis meses meus pais tiveron un accidente de coche. Os dous morreron nun intre. Miña irmá e eu estabamos na escola. Fíxosenos moi duro perdelos pero case nin nos deu tempo a asumilo porque en menos de dous días metéronnos nun centro para nenos orfos. Alí fixemos moitos amigos, pero aínda non me esquezo de todo o que nos fixeron deixar: os amigos, os xoguetes, a casa, o meu equipo de fútbol, as clases de ballet da miña irmá Daniela...

Despois de un mes alí, cando miña irmá empezaba a durmir polas noites sen chorar, sen pensar no que pasara, sen ter pesadelos, comezáronnos a presentar matrimonios. Pouco tardei en darme de conta de que o que querían era darnos en adopción. Falei cun amigo que levaba alí máis tempo ca min e contoume que non estivera tan contento por saír de alí, que a el separárano das súas dúas irmás. Desde esa comecei a preocuparme porque eu non quería separarme de Daniela, debiamos estar xuntos.

Ao mes seguinte leváronme a unha sala e alí presentáronme a un matrimonio xa bastante maior. Non me tiñan moi boa pinta, pero vin que unha das miñas coidadoras falaba con eles de levarme e en menos de dous días xa estaba na súa casa. Eu pensaba que iría con Daniela, pero non; enganáronme: unha coidadora dixérame que íamos ao parque, pero aparcou nunha casa, non nun parque, timbrou e alí apareceu o matrimonio que me presentaran. Tiña que quedar con eles, sen Daniela. Nin un triste abrazo me deixaron darlle. Chorei como nunca chorara; agora non me quedaba ninguén, pero o único que fixeron foi pecharme nunha habitación. Pasou unha semana e decidiron levarme ao campo, a poñerme a traballar; comín e cando rematei fun á horta, fixen a cena e leváronme á cama. Así ata que pasaron dúas semanas, dúas tristes semanas nas que cada vez falabamos menos e nas que cada vez traballaba máis. Despois comezaron os malos tratos, pegábanme se esquecía recoller algún tomate na horta ou se as comidas non lles gustaban... Máis tarde empezáronme a dar as sobras e eu empezaba a resentirme. Non paraba de pensar en Daniela, en si ela estaría na mesma situación, tan só ten cinco aniños. Tamén pensaba en papá e mamá e no felices que eramos xuntos.

Pasaban os días e cada vez eran peores. Pasaba as noites en vela, sen poder durmir por culpa das bágoas. Pensei en fuxir porque cada golpe que levaba era peor e cada vez pasaba máis fame, así que á mínima oportunidade que tiven escapei.

Agora encóntrome na fría rúa rebuscando entre os contedores algo para levar á boca, rezando para encontrar un iogur caducado.

Pasou unha semana e, aínda que me refuxiei entre os arbustos dun parque, enfermei por culpa do frío e da choiva. Cada vez me encontraba peor, os meus ollos pechábanse, o meu corpo necesitaba descanso sentía moita dor, ao final pecháronse.

Ao día seguinte, cando abrín os ollos, sentía calor, estaba nunha cama e ao meu carón durmía unha muller nunha cadeira. Estaba nun hospital. Pero como? Ao momento entrou un doutor e a muller espertou. Resulta que me encontrara moi débil e pálido, con moita febre e decidira traerme ata aquí.

Agradecinllo un milleiro de veces.

Preguntáronme que por que estaba na rúa e despois de contarlles toda a historia chamaron á Policía. Despois de pasar dous días no hospital atopábame con máis forzas e estaba mellor así que me deron a alta. Helena, que era quen me encontrara na rúa, era encantadora e decidiu acompañarme coa Policía ata o centro de orfos onde me adiantaron que aínda se atopaba miña irmá. Cando nos vimos os dous rompimos a chorar da alegría e dos recordos que se nos pasaban pola cabeza. Pensei que nunca a volvería a ver. Foi un gran momento, un momento no que me volvín a sentir protexido, pero Helena tívose que ir e volvín sentir que me pasaría o mesmo.

Ao cabo de dous días, a Daniela e a min levárannos á sala onde presentaban matrimonios. O pánico dominábame. Pero ao abrirse a porta apareceu Helena. Quería adoptarnos!

E así é como a vida che pode cambiar nun segundo. Daniela e máis eu pasamos por cousas terribles, pero agora xa somos maiores e aínda que non somos capaces de esquecer todo polo que pasamos sentimos que todo volveu á calma e que somos felices. Porque todos podemos ser felices solo hai que loitar. Pase o que pase.

Comentarios