Todo baixo control

Os socorristas axudan a saír ao accidentado da auga. (Héctor Manasé)
photo_camera Os socorristas axudan a saír ao accidentado da auga. (Héctor Manasé)

Os dispositivos de seguridade actuaron perfectamente na xornada de simulacros que tivo lugar onte na praia ribadense das Catedrais. Tanto o equipo de socorrismo e sanitario como as forzas da orde solventaron os problemas simulados en tempo e sen grandes complicacións.

Primeiramente realizouse o simulacro de salvamento, no que unha persoa estaba supostamente a punto de afogar. Neste dispositivo participaron os socorristas e unha ambulancia que chegou ao areal en 15 minutos procedente de Foz. Ese é o tempo límite que os operativos non deben superar para achegarse aos puntos de socorro solicitado.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios