''Tirar mal o vidro encarece a factura do lixo para todos''

A CONCElleira de medio ambiente de Burela, Patricia López Eijo, fixo onte públicos os datos de recollida de vidro no municipio o ano pasado.

Canto vidro se recolleu en Burela en 2011?

Un total de 134.950 kilos, o que significa que cada burelés reciclou 14,09 kilos. Estes datos supoñen un descenso dun 3,05% con respecto ó ano anterior, aínda que a media por habitante segue a ser superior á media galega e tamén á da provincia.

A que pensa que se debe este descenso?

Pode ser achacable a un menor consumo de envases de vidro ou a problemas puntuais na frecuencia da recollida que dan lugar a situacións de envases fóra do contedor ou depositados nos de lixo orgánico.

Considera a situación preocupante?

Un pouco, por iso imos retomar campañas de sensibilización, básicamente no sector da hostalaría, xa que é o responsable do consumo da metade dos envases que se poñen no mercado.

Que supón para o Concello que o vidro se tire mal?

Este material fai que aumente o peso do lixo que levamos a Sogama e con isto a factura que pagamos polo servizo dende o Concello, é dicir, que a factura do lixo nos sae máis cara a todos.

Cantos contedores de vidro hai no municipio?

Exactamente 66, un por cada 145 habitantes, cando en Galicia hai un por cada 230 persoas e en Lugo cada 190.

Comentarios