Terreo abonado para o populismo

DESPRÉZANO en público, pero preocúpanse en privado. En aparencia o escaso apoio que se aventura para Vox non debería ser máis ca unha ferida superficial no PP, pero todo o que sume vai ser restar deste partido, e se en España se considera que hai entre 700.000 e un millón de persoas de extrema dereita, aí estaría o seu espazo, porque Vox non é só a posición radical sobre a contorna etarra, senón o rexeitamento das comunidades autónomas, que co que se coce no País Vasco e, sobre todo, en Cataluña, pode resultar unha formación atractiva para un electorado orfo ante posturas máis liviáns que defende o partido liderado por Rajoy. Isto vai obrigar ao PP a moverse cara lugares máis á dereita; mentres que o PSOE terá que tender cara á esquerda para intentar arrebatar electorado de IU. Entón queda oco libre no medio. A saber quen se moverá mellor aí, pero a río revolto gaña o populismo.

Comentarios