''Me tentaron de dos fuezas distintas para entrar en política''

Manolo Piñeiro, rodeado de cousas antigas. Foto: PY
photo_camera Manolo Piñeiro, rodeado de cousas antigas. Foto: PY

Nado na Pontenova, nunha aldea situada a medio camiño entre a súa capitalidade e Riotorto, Manuel Piñeiro leva quince anos ao frente do Superti e adica a súa vida laboral ao comercio de antigüidades.

UNHA PARROQUIA a medio camiño entre A Pontenova e Riotorto, Rececende, foi o lugar onde se criou e segue a vivir Manuel Piñeiro, presidente do Superti de fútbol sala e empresario de antigüidades e artesanía. Un home que ten no seu coche a súa oficina, con miles de kilómetros ao mes para abrir e pechar vendas en Madrid, Portugal ou Francia. Unha vida intensa para un negociador hábil e con experiencia.

Que recordos ten vostede de Rececende, de cando era un neno?

Lembro como a vida do pobo xiraba en torno a Industrial Recense. A empresa sitúase a cen metros da miña casa e con 40 empregados, imaxínate as anécdotas que podo contarche. E lembro unha vida tranquila.

Que lembranzas ten de Enrique, o exalcalde da Pontenova?

Eu non vou a ser obxectivo porque tiven una boa relación con el, pero conseguiu moitas cousas para A Pontenova. Foron 24 anos á fronte da alcaldía, con cousas boas e malas, pero penso que A Pontenova ten unha débeda con el. Sempre se lembra o malo.

Cal foi o

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios