''He hecho tal cantidad de locuras por amor que no podría escoger una''

O aventureiro e músico sarriao Matías Moreno compaxina proxectos de imaxe e son coas súas expedicións

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Supoño que me gusta todo porque, en realidade, é o que sempre quixen facer.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Ao mesmo, non vexo outra opción.

3. O soño que máis se repite é...

Con viaxes, case sempre xa feitos por alguén, cousas demasiado románticas para estes tempos.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

A persoas, moitas persoas que foron quedando polo camiño.

5. ¿A quen admira?

A moita xente. Admiro a constancia, a fidelidade ás propias ideas.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Non me arrepinto de nada excesivamente. Quizais puidera ser de non ter estado máis tempo cos meus pais.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Non estou seguro pero, en caso de que non o fixera, foi meditadamente, non por ir de pícnic ou algo así.

8. ¿E atrévese a dicir a quen?

Ao BNG.

9. ¿Que cita subscribiría?

Por exemplo, unha de Camus: «Moitas veces un home ten que alonxarse dos outros homes para comprender o mundo».

10. ¿Que coche ten?

Non teño, ando en bicicleta. Cando preciso un coche, alúgoo.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Unha guitarra ou unha cámara de fotos, non me lembro ben.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

As miñas 'ferramentas': guitarras, cámaras, equipo de montaña, discos, libros...

13. Unha toleada que fixera por amor...

Unha chea delas. Resultaríame moi difícil ter que escoller unha soa.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

De entrada, o engano fáiseme ben duro de tragar, pero co tempo...

15. ¿Teñen algún pacto?

Agora mesmo non teño parella, así que aforro os pactos.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Si, a capacidade para razoar.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

Dous, un de Luis García Montero e outro de Alejandra Pizarnik.

18. Non sae da casa sen...

Habitualmente, sen mochila.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

Moitos, moitos.

20. Algo que nunca falte na súa neveira.

¡Frío!

21. Pérdeo un bo...

Concerto, teño feito auténticas toleadas por ir a algún.

22. Unha prenda que desteste.

Pois ningunha en particular.

23. As súas mellores vacacións...

Moitas, por exemplo un viaxe por Marrocos e Arxelia en solitario e moi especial.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Perderme nun glaciar do Himalaia.

25. A paisaxe que máis o impresionou.

Moitas diferentes, coma as que vin cando percorrín as illas do norte de Escocia en bicicleta.

26. E a súa materia pendente...

Seguir pouco a pouco con tódalas miñas pequenas toleadas.

«SOÑO MOITO E SON POUCO PRÁCTICO»

1. Dende fóra está claro, de poñerlle un adxectivo este sería polifacético, pero ¿como se define vostede? 

Non sei, alguén que soña moito e que é pouco práctico, nada realista.

2. Todos son aventureiros, ¿pero con cal destes personaxes se identifica máis: Jesús Calleja, o desaparecido Álvaro Bultó ou Jesús García Juanes?

Síntoo, pero non me sinto moi identificado con ningún deles.

3. ¿Por que cre que as mulleres son menos dadas á aventura que os homes?

Eso non estou seguro de que sexa así. Aí está, por exemplo, Alexandra David-Neel, unha exploradora adiantada a súa época que no 1924 visitou Lhasa, a capital do Tíbet, prohibida aos extranxeiros. Ela está á altura de calquera home.

4. Tamén é un experimentador e investigador no terreo musical. ¿Que o motiva máis, a música ou as viaxes?

Para min vai todo no mesmo paquete, a miña actividade é coma unha aventura constante, como a fotografía ou escribir, só é unha cuestión de formatos.

Comentarios