''Tenía un asiento llamado 'el ahí te pudras' por lo aireado que estaba''

Comprei un Seat 600 de segunda man por cinco mil pesetas. Era o que había, daquela non se tuneaban, mirábase que andasen e listo. En dous anos cambiei de coche tres veces, todos de segunda man, pero en bo estado. Voltei para Mondoñedo e metinme camioneiro cunha empresa de Barreiros. Andaba á madeira por aquí, por Navia e mesmo en Portugal. Gustábame e no garaxe onde tiña o xefe os camións xa ferrexaba. Aburrinme de conducir, a xente onde vas cargar quéimate moito e decidín olvidarme. Fun o promotor da concentración de automóbiles clásicos de Mondoñedo e un dos impulsores do club Mira e Anda. Queremos facer forza para que o Concello exima este tipo de coches do imposto municipal; nos seguros xa hai prezos especiais. Na zona hai afección e, sobre todo, bastantes turismos antigos, aínda que non moi ben conservados.

Albino Nogueira Rodríguez / Lindín / Mondoñedo

Meu cuñado Domingo tiña a parada de taxis de Bravos. Nós tiñamos o bar ao pé e díxenlle ao meu home se a colliamos. Díxome: «Ai non, non, eu non, ti fai o que queiras» E decidinme. Tiven que quitar o carné de primeira, que daquela esixía facer prácticas de camión. Botei un ano traballando co cuñado e despois xa conseguín que o Concello me pasara a parada, na Garita.

María Amalia López Pardo / Bravos / Ourol

Hasta los primeros años de la década de los veinte en que se implantó una línea regular de viajeros de Lugo a Monforte sólo se contaba como medio de transporte humano con el ferrocarril de Madrid-La Coruña. Había algunos autocares llamados de ferias y fiestas y entre ellos destacaba por su vetustez el llamado ‘coche do Piollo’. Partía de la Cigüeñeira y creo que prestaba el servicio a casi todas las romerías. Era un trasto viejo con asientos de madera con una trepidación que nos hacía saltar sobre ellos. Cuando ya estaba lleno, los viajeros nos impacientábamos e increpábamos al propietario, el cual se deshacía en sonrisas manifestando que estaba esperando por una persona enferma o algo por el estilo. Llegaba más gente y con gran cortesía decía: «Por favor, caballeros, a ver si pueden hacer sitio para este señor o esta señora que tienen que regresar a su pueblo».

Luis Macía Vázquez / Sarria

Cuando termina la guerra hay problemas con las cubiertas y, sobre todo, con la gasolina. Entonces vino la época del gasógeno. Fueron momentos muy difíciles hasta el año 1948, cuando empezaron a llegar motores diésel y coches de importación, especialmente aquellos americanos de la Guerra Mundial que les llamaban ‘los gemecés, ciempiés’(GM de General Motors). Eran entonces baratos y los transformábamos para hacer vehículos de carretera.

Carlota Sánchez Montaña / Lugo

Los vanguardistas de los felices años veinte amaban las invenciones del siglo, en especial los modernos medios de transporte. La velocidad les apasionaba. Mis tíos eran los representantes en Lugo de los automóviles Studebaker y mi padre tenía un coche de la marca inglesa Mathis, descapotable de cuatro plazas. Un amigo nuestro, catedrático de instituto e hijo del geógrafo Blázquez, que había introducido en España la geografía humana de Vidal la Blanche, tenía un bólido con un asiento trasero llamado «el ahí te pudras» por lo aireado que estaba.

Antonio Bonet Correa / Lugo

Me considero y siento gallego. Cuando empecé a correr en los coches, mi casco siempre llevaba impresa la bandera gallega como insignia. Hay gente que cuando me conoce se sorprende de que sea español, gallego e incluso de que hable gallego. De Riotorto echo de menos los olores, oler a eucaliptos o su tranquilidad, es algo que me encanta.

Gerard López Fojaca Espasande de Abaixo / Riotorto

No tránsito á adolescencia, coñecín a diferenza de clase. Viviamos ao pé da Avenida da Coruña, onde habitaban clases medias e pequena burguesía. A diferenza é material, márcana posesións doutros rapaces do meu tempo cos que se estableceu un sucedáneo de amizade do que nada quedou cando, anos despois, marchamos vivir ao barrio de Fingoi. A adquisición dalgúns deses bens materiais (teléfono, coche, televisión, etc.) vai marcando fitos na memoria dun neno. Sobre eles, o nacemento de miña irmá en 1975.

Antón L. Dobao / Lugo

Xogabamos na rúa Ferrería que non tiña tránsito. Nas beirarrúas había un espazo libre onde xogabamos ás bolas e ao guá. E se tiñamos un recreo un pouco máis amplo, tamén ao escondite. Eran xogos moi elementais pero eramos felices. Era unha vantaxe que non tiveramos que loitar cos coches. Fóra do colexio xogabamos ao fútbol moitas veces poñendo os xerseis ou as chaquetas para que fixeran de portería e con moi pouco rigor, porque eran oito contra dez, ou así. Daquela o parque móbil en Vilalba non tiña máis de doce ou catorce coches e pasaba un de vez en cando.

Xosé Luis Novo Cazón / Vilalba

Despois de caer da cuarta moto que tiven, os veciños regaláronme un Seat 600. O Bispado advertiume que non me instalara definitivamente porque tiñan pensado mandar a outro xa que aquela parroquia era de ascenso, non de cura novato. Pero aínda hoxe non o mandaron nin eu pedín o traslado. Levo 50 anos.

Gil Agras Hermida / Bretoña

Viñan autos de línea da empresa Ribadeo, os de Bastián e de Louro de Riotorto, o tren da mina que facía viaxe de mañá e tarde; pero a maioría da xente tiña que vir andando ou a cabalo, porque non había case carreteras ás aldeas.

Rafael Lombardero García / A Pontenova

Daquela estudiábase en Lugo, incluídos os sábados ata o mediodía. Despois collía a bicicleta para ir a Portomarín e pasar alí a fin de semana, porque non había coches todos os días, senón os alternos e os sábados saía o último ás doce e as clases remataban ás dúas. A min en bicicleta levábame hora e media chegar a Portomarín por unha estrada sen asfaltar e chea de pedras. Tiñas que levar o pneumático de reposto porque sabías que ías pinchar. Tamén podías facer dedo, pero daquela escaseaban os coches e se cadra non pasaba máis dun ou dous ao día. Parábanche ou non.

Eloy Rodríguez López / Portomarín

Yo fui muy perica y muy avanzada para aquella época. También viajé mucho y sigo viajando. El mes que viene tengo que ir a Albacete, y voy yo conduciendo. El coche y yo somos una misma pieza. No voy a ninguna parte sin mi coche.

Pilar Iglesias Osorio / Lugo

Non podo deixar de intercalar aquí as espectaculares baixadas de Arango cos remolques de tractor que fabricaban no seu taller, axudado por un dos seus mecánicos que lle indicaba se había tránsito na estrada xeral, lanzándose vertixinosamente costa abaixo e, coa inercia, atravesar a estrada, a ponte e chegar á estación onde aparcaba o vehículo.

Ramón Pedro Díaz López / A Pontenova

En Madrid a baixada de bandeira era a 3,50 pesetas, pero cando chego a Lugo sorprendéronme as tarifas do taxi porque eran como de feira: «A ver, canto me cobra a tal sitio?». Eu non sabía nada de nada, pero teño que dicir que entrei moi ben ao público, porque lles dicía: «Pois o que lle cobre o outro, home, que eu non lle teño por que cobrar máis». «Pues Fulano me cobra tanto». E tanto lles cobraba.

José Manuel Pol Herbón / Adai / O Corgo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios