''Tenemos un taller de costura para confeccionar los hábitos''

René Gómez, responsable da Cofradía da Misericordia de Viveiro, que vén de celebrar a súa asamblea

Que asuntos trataron?

O principal foi a aprobación das contas e a memoria anual do 2013. Expuxemos aos cofrades seguir na misma liña que estes anos xa que non podemos afrontar ningún proxecto grande, seguimos pagando créditos de cando se mercaron os tronos das imaxes e son 7.000 euros ao ano. Co que nos queda das cotas dos cofrades e da venta de lotería sacamos a procesión e imos completando o roupeiro.

Poñerán en marcha un taller de costura.

Os primeiros hábitos que trouxemos fíxoos un taller onde, sen contar o material, custaba 25 euros cada traxe pola man de obra. Como tiñamos necesidade de aumentar o roupeiro falamos cos cofrades e houbo xente que se presentou voluntaria para coser e confeccionar, así que compramos os materiais e facemos os traxes. O ano pasado fixéronse uns 40 e o aforro é moi grande.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios