''Temos quince especies en seis hectáreas para uso de todos''

Por que apostaron pola plantación destas especies?

Foi unha decisión que adoptou a directiva que nos fixemos cargo da comunidade de montes hai dous anos, que apostamos por adicar o monte veciñal á plantación de especies autóctonas. Trátase dun proxecto único e pioneiro na comarca, pois é un monte de caseque seis hectáreas para uso e disfrute de todo o mundo.

Que especies teñen?

Temos quince, entre as que se atopan carballos, bidueiras, loureiros, acibros, esvedros, avelarias, teixo e cerdeiras. En total hai unhas 8.700 plantas, ás que se sumarán as que colocaremos o vindeiro xoves, en colaboración co Concello de Cervo e a Fundación Alcoa.

Reciben moitas axudas?

A verdade é que tivemos axudas tanto do Concello coma da Consellería de Medio Ambiente, e de empresas privadas coma Alcoa, o que é fundamental para o noso labor, pois a entidade non dispoñía nin dispón de fondos e a inversión que realizamos na plantación estivo en torno aos 30.000 euros, aos que hai que sumar os 3.000 que gastamos no peche do perímetro da monte para protexer aos corzos e cabalos salvaxes que hai.

Comentarios