''Temos aberta a matrícula para os campamentos de verán''

Eva Fernández, propietaria de Territorio Aventura, en Porto Plaza de Burela, que cumpre o seu primeiro aniversario

Que valoración fai do primeiro ano de apertura?

Pouco a pouco fomos cumprindo as perspectivas que tiñamos e cada vez intentamos innovar máis nas nosas actividades, como é o caso dos campamentos urbanos que facemos nos meses de xullo e agosto.

En que consisten estes campamentos?

Están compostos por actividades como talleres de cociña, manualidades ou saídas organizadas en base a catro temáticas repartidas en quincenas. O primeiro será de iniciación ó inglés, o segundo de medio ambiente, o terceiro versará sobre a nosa terra e o cuarto tratará sobre o mundo do mar. Poden ir nenos a partir de 2 anos e son de 10.00 a 14.00 horas, con opción tamén de deixalos ás 9.00 horas. A matrícula segue aberta.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios