Tapar parte do burato do Gaiás

SE O BURATO do Gaiás non se dá tapado, polo menos evitar que se agrande. Por moito que se queixen en Santiago de que se a Cidade da Cultura estivera nalgunha das dúas urbes máis poboadas de Galicia (Vigo e A Coruña) remataríase, o certo é que non debemos nin podemos estarricar a desfeita para hipotecar o futuro. Haberá que aproveitar o feito, buscar solucións para os espazos baleiros que tan mala imaxe dan, axeitar o que se foi deteriorando e sinalizar os accesos para que a xente non se perda, como ocorre agora. Ao reclamar a conclusión desta faraónica obra, peca de localismo Compostela igual que tantas veces caeron na tentación Vigo e A Coruña, pero as administracións públicas non dan máis de si, e deses aldeanismos anteriores padeceremos en Galicia toda a vida, caso de polígonos industriais sen uso, aeroportos que compiten uns cos outros ou portos exteriores case veciños.

Comentarios