Talleres Cillero estudia asentarse en Camba por el aumento de las tasas

Nave de Talleres Cillero na zona portuaria de Celeiro (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Nave de Talleres Cillero na zona portuaria de Celeiro (Foto: José Mª Álvez)

A concesión que tiña Talleres Cillero con Portos de Galicia caducou o mes pasado e a renovación inclúe unha revisión da taxa de explotación, que segundo explica o xerente da firma, Alberto Santos, pasará de 11.000 euros anuais a 19.000, unha cifra «difícil de asumir», polo que non descartan trasladarse ó polígono industrial de Camba, en Xove, onde ten uns terreos.

Comenta o responsable que o acordo que fixeron con Portos no ano 2003 tiña como base un contrato anterior con Puertos del Estado. No convenio co ente autonómico establécense dous tipos de taxas: unha de ocupación de terreo portuario de dominio público, «que non cambiou», e outra de explotación, que supón «que o 1% da facturación que fai a empresa vai para Portos», e di Santos que é esta a que na práctica aumenta agora un 72%.

En canto a esta taxa por facturación, o xerente de Talleres Cillero non a ve xusta, pois «unha empresa que está instalada en dominio público non pode competir á hora de vender unha maquinaria ou un equipo con outra que está fóra. Tería sentido se fora un varadeiro ou algo que necesariamente tivera que estar ubicado en zona portuaria, pero para vender un motor dun barco, que pode acadar os 500.000 euros, eu non podería competir con alguén que está a uns metros, pero fóra do dominio público. Se temos aquí un almacén e facturamos noutro lado só teriamos que pagar a ocupación», argumenta.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios