Talibáns á española

OS MESMOS que critican os talibáns estarán aplaudindo a nova lei do aborto, a que condena a unha muller a ter un fillo incluso malformado. Só falta aprobar outra lei que lles prohiba traballar fóra da casa, ou recluílas en traballos domésticos. Case como en Afganistán, porque aquí hai sectores que queren retroceder polo menos a antes de novembro de 1975, porque parece que así se sentirían máis cómodos, con normas como a que non permitía a unha muller viaxar a non ser que llo consentira o home, que era, recordemos, o cabeza de familia, o único con algún dereito; aínda que fose mínimo. Se esa é a familia á que os sectores máis rancios nos queren levar con leis como a que iniciou o trámite parlamentario recuamos, porque quen predica liberdade non lla recoñece a unha muller que decide abortar, como se o seu corpo lle pertencese a alguén máis que a ela.

Comentarios