''Tal y como está la televisión, prescindiría de ella''

Nos tempos que corren, admite ante descoñecidos que se adica á política ou inventa unha profesión?

Non preciso inventar unha profesión porque eu xa teño a miña. Por outra parte, síntome moi orgullosa do meu compromiso político. Non necesito inventar nada.

Por quen se cambiaría durante un día?

Por alguén con poder para transformar a crise económica en postos de traballo e a desigualdade nunha sociedade xusta.

Cando foi a última vez que lle costou chegar a fin de mes?

Afortunadamente levo traballando 27 anos e non teño cargas familiares, son solteira e sen fillos, polo que non poido dicir que adoite ter problemas para chegar a fin de mes.

As películas, en versión orixinal ou subtituladas?

Nos idiomas que falo, en versión orixinal.

Que tal o seu inglés?

Nivel principiante.

Que aplicación para o móbil lle gustaría que desenvolvesen?

O móbil só o utilizo para falar e ler o correo.

Algunha vez descargou algo de internet sen pagar?

Sempre descargas algo porque hai informacións que non precisan ser abonadas. Si te refires a películas ou música, non.

De que prescindiría antes: teléfono, televisión ou internet?

Tal e como está a televisión nos últimos tempos sen dúbida prescindiría dela.

En que idioma son os seus soños, castelán ou galego?

En galego.

Se ten invitados, que prato non falta nunca?

As ensaladas e as sobremesas.

Na cociña, mete as mans na masa ou prefire delegar?

Sempre coas máns na masa e experimentando novos pratos.

Elixa unha película e a compañía para ir vela.

Unha boa comedia con amigos.

Que momento histórico lle gustaría vivir?

A Ilustración.

Cal espera vivir no futuro?

Nunha Galiza que tome as súas propias decisións.

Intentaron regalarlle un Rolex ou a vostede nin un reloxio de plástico?

Si se refire a un soborno nunca mo propuxeron porque supoño que saben que o denunciaría.

Que é o máis caro que lle regalaron?

Uns pendentes.

Que capricho se permitiría se lle tocase a lotería?

Viaxar a aqueles lugares aos que sempre apetece ir.

Como lle gustaría ser lembrada?

Como unha boa persoa e comprometida con Galiza que fixo todo o que estaba na súa man para transformar unha realidade que non compartía.

Que lle reprocha a súa familia máis a miúdo?

Non son de reproches.

Definición dun día perfecto

O que podo compartir coa miña familia e amigos.

Definición dun día espantoso

Todos aqueles que ao rematar o día tes a sensación de non ter feito o suficiente ou aqueles nos que non está na túa man resolver algún problema.

Conte o momento máis vergoñento que sufrira

Non lembro ningún en especial.

Cal foi a última vez que contou unha mentira, aínda que fose piadosa e a quen?

Non adoito mentir.

Economía

«Levo traballando 27 anos e non teño cargas familiares. Non teño problemas para chegar a fin de mes »

Rolex

«Nunca me propuxeron un soborno porque supoño que saben que o denunciaría»

Historia

«O período histórico que me gustaría ter vivido é o da Ilustración»

Comentarios