Subsistir en vez do seu deber de xestionar

(*)

DIFICILMENTE pode ir ben un país no que os partidos que sustentan os gobernos parecen máis preocupados de subsistir que de xestionar, abaneados polos xulgados que tirando da manta semellan adentrarse polas súas tuberías en busca dos fontaneiros argalleiros das súas estruturas financeiras, seguramente similares na súa concepción necesitados de recursos para manter unhas maquinarias concibidas sobre todo para gañar eleccións.

E disto case todos os anos hai. De feito, o que vén serán tres, municipais, autonómicas nas comunidades non históricas e xerais. E iso precisa diñeiro, unha manchea de cartos, moitos deles se presupón que apartados do circuíto A; e aí está o problema. Ao mellor é tempo de refundacións e limpeza xeral en vez de prolongar o insostible, con casos de corrupción nas administracións central, autonómicas, provinciais e locais de todo signo. Ninguén queda á marxe.

(*) Se mantiene el idioma original del artículo.

Comentarios