''Sueño con llenar los campos de las fiestas cuando yo cante en el escenario''

Foto: CEDIDA
photo_camera Foto: CEDIDA

Marcos Roca, o que fora 'recanteiro' do 'Luar' da TVG, prepara as súas actuacións para as verbenas

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é ver sorrir á xente cando estou cantando, velos bailar e gozar co que eu fafo. E o que menos, durmir poucas horas, xa que, ademais de no terreo artístico, tamén traballo na área de servizo de Guitiriz.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Sen dudalo, dedicaríame á música.

3. O soño que máis se repite é...

Encher os campos das festas cando nos que actúe subido a un gran escenario.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

A miña infancia, bótoa moito de menos.

5. ¿A quen admira?

En relación co sector artístico, a Alejandro Fernández e a Melendi.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Eu son dos que sempre dicen que do pasado xamais se arrepinten. O feito, feito está.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Por suposto.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Iso prefiro gardalo para min.

9. ¿Que cita subscribiría?

Elegancia non significa destacar, senón ser recordado.

10. ¿Que coche ten?

Ningún, ¡por non ter, aínda non teño nin carné de conducir!, pero voume poñer axiña coas clases para obtelo.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

O meu propio micro, ¡estaba desexando telo!

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

A roupa, téñoa coma se fora ouro.

13. Unha toleada que fixera por amor.

Viaxar catro horas nun autobús para estar no destino unha hora, e de seguido facer outras catro de volta para a casa.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

A mentira.

15. ¿Teñen algún pacto?

Falar sempre de tódolos problemas.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Non.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

Non teño libros, teño cd’s de música.

18. Non sae da casa sen...

Peinar.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A gula e a preguiza.

20. Algo que nunca falte na súa neveira.

Queixo fresco e refresco de cola.

21. Pérdeo un bo...

Un marisquiño do Grove, se poder ser acompañado dun bo viño albariño.

22. Unha prenda que desteste.

As gorras e as botas altas.

23. As súas mellores vacacións foron...

Foron as do ano pasado, en Sevilla.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Un cruceiro, dame igual por onde sexa.

25. A paisaxe que máis o impresionou.

Unha desértica: as dunas saharauis.

26. ¿E a súa materia pendente?

¡Pois sempre serán as matemáticas!

«CHÁMANME O CANTADOR DO 'LUAR'»

1. O verán está xa á volta da esquina, ¿como se presenta de traballo?

Con moita ilusión, e ultimando detalles coas comisións de festas que están querendo contar comigo nas súas celebracións.

2. Saíndo dun, será un defensor a ultranza dos ‘talent show’...

Por suposto que si, sempre e cando sexan espazos do estilo dos ‘Recanteiros’ do ‘Luar’.

3. Tense convertido nun rostro habitual na televisión autonómica, ¿xa o paran as fans pola rúa para pedirlle fotos ou autógrafos?

Pois si, a xente xa me recoñece, e é curioso porque se dirixen a min como Marcos Roca, o cantador do ‘Luar’.

4. Por ter, ten ata o seu propio club de fans. ¿Que significa ese apoio?

O máis grande que pode ter unha persoa que se dedique ao espectáculo é moita xente apoiándoa detrás, porque de nada vale que eu cante se os seguidores non están aí. Sen eles non sería ninguén, así que débollo todo á xente que cada día quere estar ao meu carón, apoiándome nas actuacións en directo, desde as súas casas...

Comentarios