''Soy religioso, aunque no me lo cree ni Dios''

_PON3832-002.JPG
photo_camera _PON3832-002.JPG

O maior dinamizador de Cervantes é o cura. Se non o atopan na igrexa búsqueno na casa de calquera veciño que teña un problema.

ramiro martínez non é un crego habitual. É máis home de obra que de palabra e mira para a terra máis que para o ceo. Elixiu o camiño que atravesa a vida terreal, cheo de fochancas e xente que precisa axuda para superalas.

Vostede ten fama de traballar moito. Cantas parroquias leva?

Sete de Cervantes e unha de León, que está na ladeira deste lado da montaña e coa neve non poden chegar desde aló. Tamén colaboro cun centro de día en Lugo. Non é moito, eu sempre digo que me fixen cura para non traballar.

Cantas asociacións xestiona?

Eu ningunha, pero estou metido en moitas. A máis importante é Cáritas, mediante a cal intentamos axudarlle á xente. Despois está o Centro para o Desenvolvemento Rural (CDR) Ancares, que naceu por iniciativa dos veciños para colaborar no desenvolvemento integral -a todos os niveis- e integrado -contando coa xente-. Isto tradúcese en buscar alternativas económicas viables para a zona.

I

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios