''Son Goku foi o dinamizador da lingua''

Na Ferretería Fuente (esquerda) todos os carteis están rotulados en galego. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Na Ferretería Fuente (esquerda) todos os carteis están rotulados en galego. (Foto: José Mª Álvez)

Quen ía dicir que case no único no que estaría de acordo toda a comarca sería na maneira de expresarnos, xa que o galego segue a ser a lingua predominante na que falan a meirande parte dos mariñáns. «Iso non pasa en ningures, agás no Barbanza ou na Costa de Morte, e débese a que funcionades coma unha bisbarra diferenciada, con relación de veciñanza entre todas as vilas da Mariña», asevera Miguel Arce Méndez, a modo de conclusión do seu estudo sobre o uso do galego en Foz, do que tamén se deduce que a presenza da lingua na localidade é moi extensa na fala, pero moi limitada na escrita.

A principal causa disto habería que buscala na «falta de seguridade», xa que a formación escolar da maioría da xente foi en castelán, que segue e ser o seu idioma oficial, mentres que na casa e nas rúas seguen a falar o idioma que foi pasando de xeración en xeración, «o que permitiu que non se perdera» e que o galego «sexa a lingua na que se expresa xente de todos os estratos sociais e opcións ideolóxicas», sinala o autor do estudo, denominado ‘Foz Linguaviva’ e realizado nun formato blog.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios