''Somos da xeración dos encoros''

Un grupo de nenos desfruta bañándose este verán nas instalacións do Club
(EP/ Pepe Tejero
)

Lembro os xogos cos catro irmáns e os amigos no barrio de Abuín; os baños no lugar onde hoxe gozamos das instalacións da praia fluvial, a construción das cales presenciei desde o seu inicio.
Luis Ferreiro Peinó / Lugo

O río Miño era unha boa solución estival para a xente que por diferentes razóns non se podía achegar ao mar. De todas as maneiras era común que todos os anos houbese nel falecementos atribuídos ao chamado corte de dixestión, polo que á hora do baño moita xente, eu entre ela, tiñámoslle moito respecto.
Isidro Novo / Lugo

A min gustábame moito ir ao monte a xogar e desde que me levara meu pai por primeira vez ás cataratas do Niágara, ser eran as de Férrea, pero cando eu as vin en pleno inverno e baixando auga en abundancia, a ilusión que me fixo foi como se foran as mellores do mundo.
Carlos Meilán / A Pontenova

Nos regos da miña zona, en Castroverde, mazabamos na auga para que as troitas se refuxiasen nas covachas e alí pescabámolas a man.
Paco Pestana / Castroverde

A pólvora que se gasta en Galicia servía para anunciar as festas pero tamén para algo máis. Na nosa terra nunca falta un río con troitas. De modo que cando a Garda Civil marchaba, os meus ollos chegaron a ver como se dinamitaba a canle, como se lanzaban os lumes contra a auga. A onda expansiva deixaba atolondradas ás troitas, que flotaban na superficie e eran lanzadas ao prado polos rapaces, mollados por fóra e por dentro.
Jenaro Castro / Mosteiro / Pol

Construídos os encoros que privaban de fincas e anegaban soños, había que explotalos. E algo, mínimo, sóubose aproveitar, porque nun exemplo de adaptación convertéronse estradas asolagadas en lugares propicios para novas experiencias como aprender a nadar. Deste xeito puidemos dar as primeiras brazadas todos os da miña xeración cando eramos mozos. Isto era perto da ponte Mourulle, a construída polo enxeñeiro Torroja, como substituto da ponte Fortes para unir por estrada O Saviñao e Taboada, pero puido ocorrer en moitas outras vías inutilizadas para a automoción, pero reconvertidas para a natación. Somos da xeración dos encoros, porque nacemos pouco antes ou pouco despois de que a presa de Belesar, a máis grande de Galicia, deixase centos de lugares baixo as augas, algúns dos cales aínda asoman tímidos no verán.
Tito Diéguez / O Saviñao

La afluencia de salmones de todas las pesquerías del río al mercado de la ciudad abarataba el producto, y era asequible a economías modestas. A título de curiosidad dejo constancia de que en contratos de trabajo que se hacían en el barrio de A Ponte de Lugo, existía la cláusula de que no se les incluiría en el menú de la comida carne roja más de dos días por semana. La carne roja a la que hacían referencia era la de salmón. En este barrio por el que discurre el río Miño había seis caneiros que deteriorados aún se conservan.
Manuel Romay / Lugo

Todos los 23 de julio eran una fiesta grande en casa e íbamos a pasarlos a las orillas del Miño en la aceña del Rey Chiquito. Ni entonces ni ahora he sabido por qué se llama así. Entonces era un lugar bucólico a las afueras de Lugo al que se llegaba por la polvorienta carretera de Ombreiro que unos años después recorrí varios lunes seguidos para ir de romería a una ermita donde se veneraba a san Nicolás, con la santa intención de que me ayudase a aprobar los exámenes.
Carlos Varela Prieto / Lugo

A cousa ocorreu en Monforte cando, nunha noite de inverno, ao redor das nove, tomando eu unhas copas cun meu curmán nunha desaparecida cafetería da rúa de Roberto Bahamonde -mesmo fronte á Comisaría-, un home totalmente bébedo, mollado pola choiva e medio espido, escorríaselle a súa muller intentando chegar ata min mentres berraba: «Ministro merda, ministro merda, voute matar, ven aquí, cabrón!» Entre a pobre muller, un polisón e dous camareiros que pecharon a porta, o individuo quedou neutralizado de momento e marchou pero, ao pouco, xa sen muller nin nada -e mentres naquel mesmo intre o verdadeiro Calvo Sotelo falaba entonadamente pola televisión-, presentouse de novo alí disposto a rematar o seu traballo. Non sei quen nin como, sacáronmo outra vez de encima, o certo é que eu, xa un pouco farto de tanta ‘política’, funme ao hotel durmir. Ao día seguinte, despois de mercar El Progreso, collín o tren para Madrid. Ben acomodado xa e a salvo da desacougante nebra lemesa, abrín o periódico e, de pronto, coma si fora un gato acurralado, saltoume encima a noticia: Onte, sobre as dez da noite, un home de idade mediana e totalmente bébedo morreu afogado no Cabe. Non había moito máis que ler. O peor foi que, logo, por esa estraña manía que teñen as cousas de se esconder, non tiven medio algún de saber que clase de afogado fora aquel nin por qué afogara.
Fernando Andrade / Monforte de Lemos

Para min o río foi importantísimo. Lembro que, grazas a el, ata aprendín as primeiras palabras de francés acompañando pescadores que viñan de Francia a pescar polos meandros de Corbelle ou polos pozos de Salmeán. E tamén lembro -como non?-, as semanas santas nas que viña Franco a pescar despois de que lle deixasen o río para el só durante quince días.
Perfecto Conde Muruais / A Pontenova

A vida na aldea era totalmente autónoma. Viñas a comprar algo á praza de Lugo cando había un enfermo. O peixe que se consumía era de río. O do mar, nin o coñeciamos; iso si, había moita abundancia nos caneiros. Por certo, os pícaros pelexábamos por ir cos maiores a pasar unha noite nos caneiros pescando troitas ou anguías. Unha das imaxes máis nídias que teño da miña infancia era ver entrando na miña casa a meu avó cun salmón ao lombo que lle chegaba máis abaixo da cintura. Esa estampa quedoume gravada para sempre. Iso foi posible, claro, antes da construción dos saltos e dos encoros, o de Os Peares e os outros despois. Por iso o salmón desapareceu por completo da vida da aldea. Desde logo, era unha riqueza grande, igual que as anguías. Nas súas épocas, o propietario dun caneiro podía vir a vender a Lugo un saco de 50 kg delas.
Manuel Romay López / Ombreiro / Lugo

En la aceña del Rey Chiquito había un viejo molino de piedra sobre el río y todavía recuerdo el olor a molienda, el polvillo a modo de dosel que cubría todo, el tableteo de las maderas del mecanismo y la luz silbante del carburo iluminando débilmente la enorme sala donde estaban los molineros haciendo la molienda.
Carlos Varela Prieto / Lugo

Lugo tiene un museo impresionante, que alberga 20.000 objetos del arte celta y numerosas piezas de pintura antigua. A los amantes de la naturaleza les recomiendo encarecidamente un viaje por el río Miño. Lo mejor es hacer un recorrido en catamarán por el Miño y por su afluente, el Sil. El paisaje que se contempla es realmente digno de ver. Te adentras en cañadas verdes, donde la vegetación es abundante... ¡todo un espectáculo!
Silvia Jato / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo (ed. impresa):El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios