viernes. 27.05.2022 |
El tiempo
viernes. 27.05.2022
El tiempo

Sobre o prezo do gasóleo

Foi o meu amigo Roberto quen me animou a escribir este artigo sobre os prezos do gasóleo. El, como tantos outros que temos que utilizar o coche a diario para ir traballar pola falta dun transporte público axeitado, viñemos soportando unha forte suba no
seu prezo do gasóleo sobre todo desde comezos do 2007.

A causa era sempre a suba no prezo do petróleo. Non é doado comparar a repercusión do prezo do petróleo nun combustible concreto como o gasóleo, porque do refinado do petróleo se obteñen un conxunto de productos con usos e demandas diferentes. Ademais no prezo final estamos a pagar unha cantidade importante de impostos.

Sin embargo, pódese facer unha aproximación e refrescar de paso algúns datos. O prezo do barril do petróleo estaba a comezos do ano 2007 nuns 54 dólares e foi subindo ata acadar a finais de xuño un máximo duns 139 dólares, quedando na última semán nuns 118 dólares. Pero si temos en conta que o dólar foi perdendo valor fronte ao euro e que o barril de petróleo contén uns 159 litros, o prezo do petróleo por litro aumentou moito menos, pois subiu desde uns 0,26 euros en xaneiro de 2007 a uns 0,56 en xuño deste ano e estaría agora nuns 0,48 euros por litro.

¿Cómo evolucionou o prezo do gasóleo en Lugo?. Pois, si ao prezo final que estivemos pagando, que en xaneiro de 2007 era de 0,90 euros por litro e en xuño deste ano foi de 1,30,
lle descontamos a parte de impostos, que neses mesmos meses eran de 0,44 e de 0,49 euros por litro, nos queda que o prezo do gasóleo subiu entre xaneiro de 2007 e xuño de 2008 uns 0,35 euros, esto é, uns 0,05 euros mais que a correspondente suba por litro de petróleo. Ben é certo que este é un cálculo simplificador, pero permite avaliar a suba de prezos entre materias primas e produtos finais de consumo e observar que deste
modo pagamos unhas 8 pesetas mais que o aumento rexistrado no prezo do petróleo.

Nun produto tan básico para a actividade económica e tamén no apartado de transporte do gasto familiar convén extremar os controis para que o mercado funcione en competencia e transmita sen abusos as posibeis repercusións dos prezos das materias primas nos productos finais.

Hai dende uns anos unha información de interés na web do Ministerio sobre os prezos dos combustibeis, mesmo con identificación e localización das Estacións de servizo que os teñen mais baratos (http://www.mityc.es/Petroleo/Seccion/Precios/). Para o bon funcionamento do mercado en competencia non chega con eses simples observatorios
de prezos. Poden ser unha primeira fase, pero si a observación deses prezos leva a ver unha elevada concordancia no seu valor por áreas xeográficas, haberá que comezar
outra serie de actuacións e tomar medidas, pois para que a competencia funcione ten que facelo nos distintos mercados xeográficos existentes para os consumidores. E eses
datos mostran que dentro da mesma área xeográfica á que un conductor pode desprazarse normalmente para a adquisición do combustible, os prezos apenas son diferentes ¿Casualidade ou ‘cuasi acordo’?. Eu coido, que mais ben ‘cuasi acordo’. Por
exemplo, na semán pasada na área de Lugo, salvo na oferta dun centro comercial, o prezo do gasóleo estaba casi ‘clavado’ ata o céntimo en 1,204 euros/litro.

Sobre o prezo do gasóleo
Comentarios