Ana Ermida: ''A soberanía é que nos escoiten ao tomar decisións que nos afectan''

Ana Ermida.
photo_camera Ana Ermida.

Esta veciña de Barreiros acaba de ser nomeada máxima responsable do BNG na comarca. Avogada con experiencia empresarial e política, ten claro que os nacionalistas teñen que estar ao lado da xente «porque non caben medias tintas: hai que elixir de qué lado estás».

A RENOVACIÓN do Bloque Nacionalista Galego na Mariña non foi un cambio de cromos. Elixiron unha executiva e un consello comarcal cheo de caras novas. Avanzan unha renovación profunda e queren dar imaxe de unidade e, sobre todo, explicar ben que a soberanía da que falan non é unha idea abstracta, senón «poder de decisión para cousas concretas: as cotas de pesca ou do leite».

O BNG da Mariña renovouse, pero de verdade.

As renovacións cando se fan teñen que ser unha aposta de futuro, e nós así o entendemos. Na Mariña seguimos a liña a nivel nacional, con xente nova e de distintos sectores que conforme un equipo o máis solvente posible.

Cal é o obxectivo principal no que se van poñer a traballar?

O que nós propoñemos é o que levamos facendo no BNG historicamente, que é defender á maioría da sociedade dos ataques que están sufrindo os seus sectores básicos: os servizos sociais, a sanidade, educación, cultura. Tamén de aí que quixésemos facer unha lista o máis plural e representativa posible, para que estivera xente de todos os sectores.

Fálase moito da súa idea do soberanismo.

Para nós o básico, e niso insistimos moito, aínda que nos acusen de deriva, é que esa soberanía se traduza en decisións básicas para a xente, para os sectores pesqueiro ou agrario galegos nos que se puidésemos tomar nós, os galegos, as decisións, as cousas serían moi diferentes. Temos que lograr que a nosa voz se escoite onde se toman as decisións e para iso temos, por exemplo, a Ana Miranda, que o está facendo moi ben e ademais agora está tamén na executiva nacional, co que lle trasladaremos todo o que sexa posible, tendo en conta que agora mesmo a capacidade de decisión dos galegos sobre si mesmos está moi reducida.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios