viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

Sober brinda con sus mejores caldos

Os amantes do viño teñen esta fin de semana unhacita na Ribeira Sacra Lucense.

A Feira do Viño de Amandi, recoñecida como festa de interese turístico, celebra os días 12 e 13 deste mes a súa 34 edición, que reunirá no concello de Sober case unha vintena de adegas.

Malia que a apertura oficial da feira ten lugar o sábado 12, unha das actividades estrela do programa sera a cata oficial -o domingo 13-, seguida dunha misa solemne e a bendición dos ramos na igrexa de Sober e da lectura do pregón a cargo do músico Carlos Núñez.

A Feira do Viño de Amandi é o certame vitícola máis antigo dos celebrados na Ribeira Sacra

O gaiteiro galego visitará a vila para ofrecer un concerto íntimo moi especial no interior do Santuario de Cadeiras. Para todos os que queiran asistir ao espectáculo musical, o Concello de Sober ten previsto habilitar autobuses desde a capitalidade. A entrada será por rigorosa orde de chegada ata completar o aforo.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca o feito de poder contar cun dos homes «de 2 euros, os que levan colgador», así como copas por 1, 50 e 2,50, se van con colgador.

A festa reúne a milleiros de persoas e pon de relevo a importancia da actividade vitivinícola na zona, así como o pulo e o prestixio dun viño que, segundo contan as lendas era levado á Roma dos césares. Os viños de Amandi obtéñense referencia no panorama musical a nivel mundial» e asegura que co seu concerto se dá a coñecer o patrimonio do concello, ao tempo que se abre a feira a todo o termo municipal.

«A Feira do Viño de Amandi consolida o seu éxito ano tras ano non só grazas á grandiosidade dos nosos viños, os mellores de Galicia, senón coa presenza de figuras insuperables como a de Carlos Núñez que se unen ao noso proxecto para darlle maior eco e difusión», valorou Guitián.

Os adegueiros de Amandi poñerán á venda centos de botellas do seu viño mencía, abandeirado dos tintos galegos, e os visitantes terán a oportunidade de probalos xunto a outros excelentes produtos, tamén á venda, como queixos e pan, mel da Ribeira Sacra e roscas de Sober, moi prezadas pola súa calidade e sabor. Non faltarán pezas de artesanía e da afamada olería de Gundivós.

O Concello de Sober tamén terá a disposición dos asistentes cataviños que se venderá a 1,50 euros e no sueste do municipio de Sober, na ribeira do Sil. A súa orientación, unida ao microclima mediterráneo desa zona e o cultivo en bancais, así como a utilización de variedades de alta calidade fixérono merecedor de numerosas medallas a nivel internacional, ademais de aparecer recomendado nas mellores guías gastronómicas.

O programa complétase con actuacións de grupos tradicionais, charangas e outras actividades lúdicas para animar as dúas xornadas de celebración.

Unha vintena de adegas poñerán á venda os seus viños durante toda a fin de semana

 MES DO AMANDI
A Feira do Viño de Amandi, a más antigua da Ribeira Sacra, celebrouse por vez primeira
no ano 1981 pola iniciativa dun grupo de vecinos que pretendían revitalizar a antigua feira de gando do Domingo de Ramos. Desde entón, seguiuse organizando cada ano de forma ininterrumpida.

A pesar de tantos anos, a comisión organizadora, coordinada polo Concello soberino, non cesa no seu empeño de preparar novos actos promocionais para que os caldos sexan coñecidos por todo tipo de persoas.

Dende hai uns anos, antes da celebración do feiral, desenvólvese o chamado Mes do Amandi, consistente nun programa repleto de actividades divulgadoras nas que non
faltan xornadas técnicas e as catas comentadas. Así, entre outras actividades, a última fin de semana do mes de marzo, desenvolveuse unha xornada de iniciación ao Amandi entre un grupo de invidentes co apoio da Once e baixo a dirección da doutora en Ciencia e Tecnoloxía
dos Alimentos Mariana González.

Sober brinda con sus mejores caldos
Comentarios