Jacobo Feijoo: ''Solo acabaremos con los incendios si se apuesta por desarrollar el rural''

Jacobo Feijoo (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Jacobo Feijoo (Foto: Xesús Ponte)

O responsable de Asefoga, Jacobo Feijoo, defende que a mellor política antiincendios é a dinamización económica do rural. Di que para sacarlle máis partido á riqueza do monte hai que profundar na profesionalización do sector e na transformación industrial da madeira.

malia que o sector forestal non é alleo á crise, cunha baixada de prezos que afectou á renda dos produtores, en Galicia córtanse uns sete millóns de metros cúbicos de madeira ao ano. Supoñen uns 200 millóns de euros para familias e comunidades de montes, e Lugo acapara a terceira parte deses ingresos. Jacobo Feijoo, secretario xeral de Asefoga -colectivo xurdido no seo de UU.AA. para asesorar aos propietarios-, avoga por explorar novas vías para aumentar o valor engadido da produción.

Como se está comportando o sector forestal en plena crise?

Ten un comportamento desigual. O 95% dos ingresos veñen do piñeiro e do eucalipto. O prezo do piñeiro afundiuse pola crise na construción. Se nas subastas unha tonelada estaba hai dous anos en 42 euros, hoxe está en 24. O eucalipto aguantou moito mellor, o prezo baixou pouco e é o que aguanta as rendas forestais. Por iso aumentaron as cortas desa especie e baixaron as de piñeiro.

É viable aproveitar outras especies?

É un dos retos pendentes. A pesar da importancia que teñen as frondosas en superficie, supoñen só un cinco por cento dos ingresos. Hai que facer un esforzo en silvicultura para mellorar o seu valor engadido, non é normal que o 80 ou 85% se destinen a leña.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios