Silvia García Diez: ''El peor 'look' es uno que sea poco natural y que no vaya con tu personalidad''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Autenticidade.

P ¿Que quería ser de pequena?
R Non o tiña claro: veterinaria, carniceira... ¡Xa ves: cambiei de idea!

P ¿Como xurdiu a idea do blog?
R A moda sempre foi a miña pai-xón. Naceu dunha forma natural e sen pretensións. En pouco tempo xa tiña un montón de visitas. WhoWhatWear elixiume como musa de My Space e veu todo rodado. ¡Foi unha sorpresa!

P ¿Por que lle chama Bartabac?

R Porque estou moi vinculada a París e os bars tabac son os bares con estanco dentro, como o de Amélie. Gustábame como soaba.

P ¿Imaxinaba isto ao comezar?
R Nunca imaxinei que terminaría traballando con Dior, Givenchy, Kenzo, Tous, Armani, Mango, H&M, Aristocrazy... Ou deseñando unha colección para À Bicyclette ou calzado para Pertini. ¡É un soño feito realidade!

P ¿O seu deseñador favorito?
R Quedo con Isabel Marant, Karl Lagerfeld para Chanel e Miuccia Prada... Cada un ten o seu encanto.

P ¿O peor look para vostede?
R Un look pouco natural e que non vaia coa personalidade de quen o leva.

Silvia García Díez
Nada en Lugo, estudou Empresariais e Publicidade e fixo un máster en Dirección e Xestión de Empresas

É máis coñecida por Bartabac, o seu blog de moda desde hai 3 anos e medio. Está en francés, inglés e castelán

Ten 35.000 visitas diarias e leva acumuladas 18 millóns 

Comentarios