''Sigo con 5 parroquias ante a escaseza de curas''

José Manuel Somoza, durante a homenaxe.
photo_camera José Manuel Somoza, durante a homenaxe.

josé manuel Somoza Díaz leva preto da metade da súa vida ligado ao concello de Sarria como crego de varias localidades e como profesor. A súa traxectoria comezou no 1968, cando foi ordenado sacerdote, tras o cal percorreu parroquias de municipios como O Courel, Pedrafita, Sarria ou Láncara.

O seu primeiro destino foi San Pedro de Noceda (O Courel) e San Lourenzo de Pacios e San Vicente de Lousada, estas dúas últimas parroquias no concello de Pedrafita. Explica que naquel tempo a montaña estaba «moi mal comunicada, pero era unha xente moi hospitalaria». Anos despois pasou a exercer o sacerdocio en Goián, San Miguel de Vilapedre, San Fiz de Vilapedre, Santa María de Vilar, Frades, Betote, Fafián, Fontao e Ronfe. «Daquela formaba parte dun equipo sacerdotal de catro párrocos que viviamos xuntos en San Xulián da Veiga, pero desfíxose polo falecemento de tres deles», explica.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios