''Si algo le horrorizaba era encontrar un gazapo en sus artículos''

Xornalistas de LugoXornalistas de Lugo

El Progreso siguió saliendo sin interrupción. Únicamente dejó de publicarse los días normales de descanso y en tres fechas, durante los cincuenta años. En dos ocasiones no se publicó por haberse declarado en Lugo huelgas generales de obreros. Otra vez dejó de salir porque la ciudad se había quedado sin suministro de energía eléctrica debido a un fuerte temporal que había destrozado las líneas de conducción del fluido, sin el cual, claro, no pudieron funcionar las máquinas.

Puro de Cora Sabater / Lugo

A vida en provincias require hábitos fixos, mesmo rituais. Reiteración diaria dun ‘planning’ trazado ás veces dende xeracións pola pequena burguesía do lugar. Cando un lugués se despraza a este epicentro vital, o seu primeiro acto é a lectura da prensa. Os diarios do día están expostos, dun xeito casi permanente, en dous puntos cardinais da praza: o quiosco Queta (na parte alta) e a librería Souto (ao fondo). O lugués merca neles El Progreso, o diario local e provincial, e camiña co xornal centenario baixo o brazo ata encontrar acougo nun banco baixo os olmos ou as ameixeiras, ou nunha das terrazas do paseo onde eu estou agora, e onde se paga o café máis caro e con máis vistas de toda a cidade. El Progreso, fundado en 1908, propiedade dos herdeiros dos seus primeiros donos, é un tratado diario do ser lugués, reflicte todo o que o nativo lugués de toda a provincia quere ver e ler nel.

Henrique Alvarellos / Lugo

Estudié en el Seminario y en el Instituto Masculino antes de ir a Madrid a hacer Periodismo en la Complutense. Quería escribir y la teoría me parecía un coñazo. Hice entrevistas de primeras figuras de la época para El Progreso y para Dunia, y la de Amancio Prada me cambió la vida. Por aquel entonces, el cantor berciano se marchaba a Buenos Aires para darse a conocer allí. «¿Te apetece venir conmigo y ser mi jefe de prensa?», me preguntó. Y a mis 19 años, temerario e inconsciente como era, le dije que sí.

José María Besteiro / Lugo

Tamén dirixín O Cabaceiro, un xornal escolar que unicamente viu a luz tres veces en ano e medio. Non contentaba moito á autoridade o estar escrito totalmente en galego. E menos que pedise, por exemplo, a legalización dos partidos políticos en 1972. Un gobernador que me prometeu que nunca voltaría escribir máis despois de que aparecese un artigo en El Progreso, afirmando que Gonzalo de Córdoba era de Chantada. As autoridades de Córdoba, malia a cronoloxía, seica se enfurruñaron coma se perdesen a honra... Foi o primeiro tropezo por dicir a verdade.

Afonso Eiré / Chantada

La Voz de la Verdad, dirigida por don Ramón Robles, estaba dedicada y consagrada de modo especial al clero, y desde donde, ¡ay! en mi lejana adolescencia estuve a punto de colaborar.

Evaristo Correa Calderón / Lugo

De niño lo que más llamaba mi atención era la imprenta del periódico Vanguardia Gallega, instalado en el jardín de la planta baja de la casa que mi abuelo Correa había construido, a finales del siglo XIX, en pleno centro de la ciudad. Las linotipias y sobre todo la enorme rotativa, que rítmicamente vomitaba papel impreso, me parecía un animal gigantesco, recostado y jadeante. Mis tíos, en un alarde de modernidad, todas las tardes, cuando se acababa de imprimir el periódico, hacían sonar una sirena a la manera de las grandes fábricas que lo hacían para señalar la salida de los obreros de su diaria faena. Los utópicos futuristas se valían de los más variados símbolos para paliar así la escasa, por no decir inexistente, verdadera industria.

Antonio Bonet Correa / Lugo

Tamén se adoitaba comprar O Zaragozano, que se presentaba como o calendario astronómico, e tiña como subtítulo O Firmamento. Era o único que en España lle gañaba nuns poucos anos de antigüidade ao Gaiteiro, xa que ambos tiñan daquela máis de cen anos de existencia. Alégrome de que ambos resistan o paso do tempo e se sigan a editar. No caso do noso Gaiteiro, despois de superar máis de dúas décadas de ausencia, ao ser recuperado e editado pola Deputación.

Francisco Sineiro / Lugo

Sucede coa nosa cultura rural o mesmo que pasou en Roma ou en Atenas dun xeito absolutamente natural... En case todas as casas había un pequeno arquivo de propiedades. Pero a verdade era que nin o xornal se lía. Había xornais comarcais en toda Galicia. En Vilalba había dous e estaban enfrontados: o de García Hermida e outro un pouco de esquerdas. Non, eu non boto de menos aquela cultura, aínda que de vez en cando produza un cantar bonito.

Manuel Fraga Iribarne / Vilalba

Yo estaba totalmente desfasado. Mis amigos eran gente más o menos intelectual, o totalmente intelectual, o que vivía alrededor de la intelectualidad. Todos me llevaban algún año -espero que Francisco Rivera Manso no se enfade, que me lleva poquísimos-. Era gente que ya escribía en El Progreso, o que tenía tiendas, incluso de ultramarinos, como Mauricio, que cuando yo tenía 9 años me mecanografiaba las primeras crónicas, que se me publicaban en Meta, de Vigo, en donde por cierto no sabían mi edad.

Antonio D. Olano / Lugo

(Fole) fálanos de periódicos de Lugo, como La Vanguardia Gallega, El Progreso, La Aurora del Miño... da revista Ronsel, fundada por Evaristo Correa Calderón no ano 24, e de Yunque, creada polo propio Fole. Lévanos, ademais, a percorrer cantas institucións culturais existían na cidade e, gracias á súa pluma testemuñal, entramos nas tertulias e coñecemos homes inquedos polo progreso, as letras, a música, a pintura e a política, todos eles lectores do diario liberal El Sol e da revista La Esfera.

Manuel Rodríguez López / Lugo

Dentro do neboeiro do pasado aparece nos nosos tempos de estudante a figura lanzal de don Puro de Cora saíndo da sede do xornal. Nunca falamos con el, aínda que si tratamos ao seu fillo, o terceiro Purificación, verdadeiro artífice da transformación e modernización do periódico. Pero antes diso, nidiamente, permanece na lembranza unha ampla sala de redacción ateigada de máquinas de escribir, o rebulir dos xornalistas, as enormes e asombrosas linotipias, unha verdadeira marabilla para quen só coñecía antes o obradoiro do semanario La Comarca; e tamén a rotativa e -nun alarde de aproveitamento do espazo-, todo situado na rúa do Progreso que non tiña aínda ese nome como oficial, aínda que si na realidade. Instalacións engaiolantes visitadas todos os anos por grupos de alumnos con foto ao remate do itinerario publicada ao día seguinte para regalía dos rapaces.

Eduardo Gutiérrez / Lugo

Acudir cada día a la redacción de El Progreso era una de sus pasiones. Era casi su segunda casa. Si algo le horrorizaba (a Ánxel Fole) era encontrar un gazapo en los artículos que publicaba en el diario lucense. Si esto sucedía, nos daba la tabarra a toda la familia hasta que se le iba pasando.

Emilio Fole / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios