Siete estudiantes reciben premios en el Olladas 2015

A temática do certame, promovido pola Deputación, versaba sobre as familias

Sete estudantes do Ceip Veleiro Docampo de Castro de Ribeiras de Lea desprazáronse a Lugo para recoller os agasallos conquistados no concurso Olladas 2015 para escolares, promovido pola Deputación de Lugo e a Rede Museística, con motivo do Día Internacional dos Museos.

Os alumnos Laura García, Hugo Díaz e Alexia Rojo, que concurriron cos seus debuxos a este certame que levaba por lema ‘A miña familia, antes e agora’, fixéronse co primeiro, o segundo e o terceiro premio, respectivamente, todos na categoría de sete a nove anos.

O mesmo éxito foi o que acadaron Celia Pereiro, Luisa Pereiro e Nerea Cortón na categoría de dez a 14 anos, levando os tres premios do concurso, consistentes nun ‘pendrive’, un lote de libros e material divulgativo da Rede Museística.

Ademais, o estudante Edgar Peteira Iglesias, tamén do Ceip Veleiro Docampo de Castro, conquistou o premio especial do xurado polo que se levou a casa, ademais do lote anterior, unha tableta de última xeración.

Por si fora pouco, os compañeiros de Edgar, e el mesmo, poderá participar nunha viaxe cultural pola provincia, cuxos gastos serán sufragados pola organización.

Comentarios