Servizo de mínima colocación

É MOI raro que te chamen da oficina de emprego para un traballo. Esta frase dun parado que hai uns días recollía este xornal reflicte o sentir xeral da poboación deste país. Non existe confianza nos servizos de colocación, como se non estiveran para facilitar traballo, senón que este, agora escaso, se conseguira sobre todo polas relacións sociais dos demandantes. Entón algo, ou moito, falla. Quizais principalmente as empresas, que non se fían desta prestación e recorren a outras fórmulas cando necesitan traballadores. Pero tamén as institucións, que non son capaces de dar fiabilidade a este servizo para as dúas partes que o precisan, os empregadores e os demandantes. Mentres iso non ocorra, seguiremos sendo un país atrasado en materia laboral. Modernizámonos en moitos aspectos, pero noutros continuamos arrastrando males endémicos, e este é un deles que nos lastra no século XXI.

Comentarios