Dianteiro do Xermade

Sergio Vila Babío fixo un dobrete co que asegurou a vitoria para o seu equipo

SEGUNDA GALICIA NORTE
XERMADE_VILA
photo_camera XERMADE_VILA
O Xermade segue petando na porta dos play off logo de sumar unha vitoria ante o Abadín. Triunfo claro dos locais, que abriron o marcador por medio de Sergio na primeira parte. Volvería a marcar na segunda, na xogada seguinte ao gol do empate do visitante para asegurar os tres puntos. Completou a conta Andrés moito antes do final. Os dous compañeiros de equipo empatan no ránking do grupo con nove tantos.