Sergio Pazos: ''Los gallegos no enloquecemos gracias a la retranca, que nos da una salud de hierro''

Sergio Pazos
photo_camera Sergio Pazos

Dende que a súa cara comezou a ser familiar para o gran público a raíz dos seus traballos en ‘Caiga quien caiga’ ou ‘Pratos combinados’, o cómico ourensán seguiu a súa carreira sen presa, pero sen pausa. O 5 de xullo presentará en San Cibrao un monólogo no que filtra a actualidade co coador preferido desta terra: a ironía.

Cando o xornalista chama a Sergio Pazos (Sandiás, Ourense, 1965), o cómico está dando unha volta matinal en bicicleta. Ao finalizar a etapa, este corredor de fondo do humor préstase amigablemente a falar do seu novo espectáculo, ‘Sé galego my friend’, un monólogo no que diserta sobre aquelo que nos fai diferentes e que presentará no pub Nordeste de San Cibrao o 5 de xullo, ás 23.30 horas.

A pesar da súa longa traxectoria como actor en cine, teatro e televisión, e como reporteiro en ‘Caiga quien caiga’, vostede non cultivou o monólogo até o de agora.

Así é, son un completo novato. A verdade é que isto dos monólogos xa o facía ben miña avoa, que falaba soa tranquilamente, e quedaba tan pancha. Agora eu fago o mesmo, só que dialogo co público. O espectáculo surxiu a raíz das ‘Noites de retranca’, nas que participei con Javier Veiga, Manquiña ou Luis Zahera. E nos últimos dous anos levei ‘Sé galego my friend’ a teatros e bares de Galicia.

Onde desfruta máis?

Son diferentes. Os teatros esixen máis de ti, tes que dar máis enerxía. Nos bares a xente vai cunha predisposición moi grande a pasalo ben, e así hai unha retroalimentación moi boa entre o cómico e o público. Está o típico que chega tarde armando barullo e faslle un chiste, outras veces descubres a xente que ten moita gracia... É moi enriquecedor.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios