Mario Pillado : ''Ser concejal no es vinculante para concurrir a las elecciones''

Mario Pillado. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Mario Pillado. (Foto: José Mª Álvez)

A marcha de Neves Cando como edil nacionalista na corporación burelá despois de catorce anos de traballo deixou un vacío que agora cubrirá este burelao, que representa a renovación que a agrupación local do Bloque iniciou hai xa algúns meses coa elección dun novo e renovado Consello Local.

DESPOIS DE máis de dous meses sen que o BNG tivera o seu representante na corporación de Burela trala renuncia de Neves Cando, a formación anunciou onte que no vindeiro pleno municipal tomará posesión como concelleiro Mario Pillado Mon. O novo edil, de 29 anos, é natural de Burela e licenciado en Enxeñaría Industrial. A súa implicación social teno convertido nun referente do deporte de base en Burela, pola súa participación nos equipos de fútbol sala da vila. En canto á súa actividade política, Pillado xa ten concurrido nas candidaturas das pasadas eleccións galegas.

Colleuno por sorpresa ser elixido como concelleiro?

Non, porque xa levamos tempo traballando nesta situación. Varias das persoas que conformaban a candidatura coa que se concurriu ás eleccións de hai dous anos presentaron a súa renuncia por imposibilidade persoal para afrontar o traballo municipal coa adicación e a intensidade que require.

Por que levou tanto tempo nomear o sustituto da anterior concelleira, Neves Cando?

Trala renuncia de Neves estaba claro que a decisión tiña que ser a acertada e non queríamos precipitarnos para que o elixido cumprirá do xeito correcto co seu cometido e sustituira con garantías a nosa anterior representante.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios