jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

Sentenzas chamativas hainas en todas partes

CHÁMANNOS a atención sentenzas doutros países, como a da india castigada a lamber un cuspiñazo por defender o seu pai; ou moitas (digo moitas porque a maioría das que transcenden son mulleres) condenadas a lapidación por ter cometido adulterio, incluso vítimas de violacións.

Son só dous exemplos e dificilmente poderían reproducirse na nosa legalidade, pero aquí tampouco estamos libres de fallos cando menos chamativos, como o dun xuíz que lle atribúe a custodia fun fillo ao proxenitor que ten mellor horario e estabilidade laboral logo dunha separación; a que se pode considerar homilía dun maxistrado que compara co maligno unha rapaza que tivo relacións cun casado; ou a decisión dun tribunal que non aprecia acoso sexual en que un xefe lle toque as nádegas, bique e acaricie as pernas das súas empregadas sen o seu consentimento, e só ve relación sentimental. Case todo é interpretable.

Sentenzas chamativas hainas en todas partes
Comentarios