Senador

Osenador Curbelo apareceu detido en Madrid por un pequeno escándalo en comisaría. Nada que non nos pasara a ningún. O que a el lle ocorreu é que ademais das copas se lle subiu o poder á cabeza. O poder é unha droga pasiva; tena un dentro do corpo e ao menor contacto con algo que a altere sobe ao cerebro e monta un sendeus.

O senador Curbelo tirou do manual Galiano para pór os policías perdidos e tivo, na ventoleira, unha chiscadela vintage para homenaxear os clásicos: “¿Díxenvos xa que son senador?”. Os xornais déronlle carácter de escándalo político ao asunto, pero a noticia do senador Curbelo debería estar nas páxinas de sociedade, porque o que non é natural é que un pai meta o seu fillo nun club de señoritas a beber copas. Ao senador Curbelo hai que quitarlle o escano e a tutela do seu fillo Casimiro Adays, algo que Servizos Sociais xa debería facer ao acabar o bautizo.

Non é ocorrente que un pai saia de copas co seu fillo, pois todo ten un límite, pero irse bébedos a unha sauna é desestruturación familiar. Calígula foi moi intelixente cando nomeou senador o seu cabalo.

Curbelo debería ter un para sentalo no seu escano, saír encima del de noite, con capa, e irse para a casa unha hora antes que os demais, que para iso é canario.

Comentarios