Sen a mina, volve a festa

Un momento da procesión. (Foto: Antón Ferreiro)
photo_camera Un momento da procesión. (Foto: Antón Ferreiro)

A MINA achegou a As Pontes traballo e riquezas. Pero deixou perdas tras de sí. Patrimonio, costumes, casas e familias expropiadas e ducias de lugares desaparecidos, mergullados primeiro entre lignito, hoxe cubertos por un lago que mostra unha nova paisaxe e fai das Pontes un pobo costeiro no interior.

A varios metros dese mar doce, a parroquia pontesa de Goente, unha das máis poboadas do concello, recuperou esta fin de semana a Festa de San Roque, unha celebración que, como todo na aldea do Val, desapareceu entre o pó e as grandes máquinas que furaron a terra durante décadas. Hoxe, sen mina, a festa está de volta.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios