A Semana do Corpus de Lugo atende á música lírica e ao barroco con cinco concertos menos

A concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e o director do festival, José Víctor Carou (Foto: PEPE ÁLVEZ)
photo_camera A concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e o director do festival, José Víctor Carou (Foto: PEPE ÁLVEZ)

A Semana do Corpus de Lugo regresa por 39º ano cunha programación na que destacan «a música lírica e os concertos dedicados ao barroco», segundo destacou o director deste festival dende hai dez anos, José Víctor Carou.

Carou comentou o primeiro dos apartados, no que destacou o concerto de apertura, con Nuria Rial e o grupo Vespres d'Arnadí; así como «a primeira actuación en España do barítono surafricano Njabulo Madlala». Dentro da música lírica, o coordenador considera importante o concerto que darán a soprano Roberta Invernizzi, que estará acompañada do arpista Manuel Vilas. Sobre todo, manifestou como importante a primeira actuación en Galicia do barítono ruso Sergei Leiferkus, «que interpretará a súa especialidade, a canción rusa».

As cantatas do século XVII de Harmonia Articificiosa sobresaen na parte barroca, na opinión de Carou, que citou novamente a Vespres d'Arnadí e Invernizzi. Engadiu tamén o clavecista Aaron Zapico como figura.

Non esqueceu de citar a achega galega, que será feita por Alejandro Sanz e Jorge Montes, que interpretarán pezas dun compositor galego, como é Fernando Buíde.

Como curiosidade, falou sobre o concerto que vai protagonizar o percusionista Diego Ventoso, que vai estar acompañado polo Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio de Lugo.

A concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, lembrou que o orzamento do festival, de 90.000 euros, será achegado polo Concello. Esta redución supó cinco concertos menos pola baixada de presuposto diante da falta de axudas da Xunta. «Non entregaron a cantidade comprometida para 2010», dixo.

Programa

10 de maio
20.30. Círculo das Artes
?A soprano Nuria Rial (na foto) e a mezzosoprano Marta Infante dan un recital de Haendel.

12 de maio
20.30. Círculo das Artes
?O barítono Njabulo Madlala canta 'Camiños, paisaxes e sentimentos', con Roger Vignoles ao piano.

13 de maio
20.30. Caixa Galicia
?Harmonía Artificiosa interpreta 'Chi sa amar?', nacemento da cantata no século XVII'.

18 de maio
20.30. Círculo das Artes
?Roberta Invernizzi canta 'L'isola amorosa', con Manuel Vilas coa arpa doppia e Craig Marchitelli coa tiorba.

19 de maio
20.30. Círculo das Artes
?Concerto de Jorge Montes co violín e Alejandro Sanz coa marimba e o vibráfono.

20 de maio
20.30. Fundación Caixa Galicia
?Patricia Rejas ofrece un concierto que leva por título 'A familia Bach e o fortepiano', unha actuación que interpretará co fortepiano.

23 de maio
20.30. Caixa Galicia
?Aaron Zapico tocará 'Fantasía'.

24 de maio
20.30. Círculo das Artes
?Actúa o Dúo Scaramouche, piano a catro mans.

25 de maio
20.30. Caixa Galicia
?Santi Mirón coa viola da gamba e Marju Vatsel coa clave interpretarán 'Música galante'.

30 de maio
20.30. Círculo das Artes
?Julio Mourenza tocará co piano 'Grandes mestres do piano. Schubert e Debussy'.

31 de maio
20.30. Conservatorio Profesional de Música
?Diego Ventoso actúa co Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

1 de xuño
20.30. Círculo das Artes
?Insieme Strumentale di Roma, baixo a dirección de Giorgio Sasso, tocará pezas de Vivaldi.

2 de xuño
20.30. Círculo das Artes
?O barítono Sergei Leiferkus interpretará 'A conexión rusa' co pianista Semion Skigin. 

Comentarios