Xornada de nubes e claros antes do regreso da choiva

En Lugo os termómetros oscilarán este luns entre os 9 e os 21 graos

Galicia comezará este luns a quedar na influencia de diferentes centros de baixas presións, que se acheguen polo Atlántico. Con esta situación, espéranse ceos con máis nubes cando máis ao oeste, onde haberá posibilidade de choivas, sobre todo durante a noite do luns ao martes. 

Así o recolle a predición de Meteogalicia, que prevé temperaturas mínimas en notable ascenso e máximas en moderado descenso, especialmente na metade oeste. Subirán, pola contra, na Mariña lucense. En canto aos ventos, soprarán do suroeste, moderados no litoral e máis frouxos no interior. 

Entre as principais cidades galegas, as mínimas oscilarán entre os 8 graos de Vigo e os 12 da Coruña e as máximas entre os 18 graos de santiago e os 21 de Ferrol. En Lugo os termómetros bailarán entre os 9 e os 21 graos.

Comentarios