Segunda B: Sorrisos e bágoas

O Celta B puxo fin á súa mala xeira de resultados cunha goleada onte en Barreiro (3-0) ante o Getafe B, nun partido no que o cadro celeste saíu mentalizado da importancia dos tres puntos. Adiantouse por medio de Jota aos 24 minutos e o propio canteirán faría o 2-0 xa no 61 de partido. Camochu redondeou a conta para os galegos.

Pola súa banda, o Montañeros da Coruña perdeu onte pola mínima (1-0) na súa visita ao Salto del Caballo de Toledo. Os de José Ramón nunca deron sensación de poder gañar e tiveron no porteiro Rafa o seu mellor home. Os casteláns adiantáronse no 38 por medio de Alonso e o Montañeros puido empatar preto do final, pero Raúl Lozado enviou o balón ao pau.

UN VIRUS FAI ADIAR O DERBI
O derbi entre Lugo e Coruxo foi suspendido definitivamente na mañá de onte –non ten data–, despois de que ata 18 xogadores lucenses chegaran a estar afectados por un virus gástrico que xa obrigou a suspender o adestramento do sábado. Belfortti, Pita, Monti, Rubén, Aítor, Quero, Diego Rivas, Víctor Marco, Manu, Javi Rey, Gradua, Zarandona, Isma, Berodia, Luismi e Iván chegaron a estar máis ou menos afectados, e só se salvaron Sergio e Belencoso. Tamén caeu persoal do cadro técnico.

Alcalá

3

3

Vecindario

Atlético B

1

1

Albacete

Celta B

3

0

Getafe B

Sanse

0

0

Tenerife

Marino

1

1

Sporting B

Oviedo

1

0

Conquense

Toledo

1

0

Monteñeros

La Roda

0

1

Rayo B

Leganés

1

3

Castilla

Lugo

-

-

Coruxo


Pos

 

Ptos

PJ

G

E

P

GF

GC

1

Lugo

24

10

7

3

0

20

8

2

RM Castilla

21

11

6

3

2

21

10

3

Tenerife

21

11

6

3

2

17

8

4

Albacete

19

11

5

4

2

17

10

5

Rayo

18

11

5

3

3

13

13

6

Atlético B

16

11

4

4

3

20

13

7

La Roda

16

11

4

4

3

17

13

8

Toledo

15

11

3

6

2

10

8

9

Real Oviedo

15

11

4

3

4

14

14

10

Getafe B

15

11

4

3

4

12

18

11

Sanse

13

11

3

4

4

10

15

12

Marino de Luanco

13

11

3

4

4

14

11

13

Coruxo

13

10

3

4

3

16

14

14

Alcalá

12

11

2

6

3

7

17

15

Celta B

12

11

3

3

5

13

23

16

Sporting B

10

11

1

7

3

10

10

17

Leganés

10

11

1

7

3

13

17

18

Montañeros

8

11

1

5

5

10

18

19

Vecindairo

7

11

1

4

6

13

25

20

Conquense

6

11

0

6

5

10

17

Comentarios